Cursos sobre uso da motoserra, enxertos de castiñeiro ou plantacións de froitos pequenos

O Centro de Formación Forestal de Lourizán, en Pontevedra, programa unha serie de 8 cursos para este outono

Publicidade
Cursos sobre uso da motoserra, enxertos de castiñeiro ou plantacións de froitos pequenos

Souto de castiñeiros.

Data inicio: 04/10/2019
Data fin: 30/11/2019
Lugar: Centro De Capacitacion Forestal De Lourizán, Rúa Igrexa, Lourizán, España

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán (Pontevedra) prepara para este último trimestre do ano unha serie de cursos centrados no ámbito agroforestal. Os primeiros seminarios comezan este mesmo venres día 4 e a programación continuará ata finais de novembro.

Os cursos céntranse en abordar temáticas como a poda e coidados dos castiñeiros, a xestión de plantacións de pequenos froitos ou plantas aromáticas, técnicas de micoloxía ou no mantemento de maquinaria forestal.

A continuación recollemos en detalle os cursos ofertados e as datas dos mesmos:

-Multiplicación de castiñeiro por acodo baixo.
Días 4 e 5 de outubro.

-Mantemento da motoserra e rozadora.
Días 18, 19, 25 e 26 de outubro.

-Cultivo e xestión de plantacións de froitos pequenos.
Días 18 e 19 de outubro.

-Enxerto de castiñeiro híbrido con variedades autóctonas.
Días 25 e 26 de outubro.

-Iniciación ó uso con motoserra.
Días 8, 9, 15 e 16 de novembro.

-Recoñecemento e recollida de plantas medicinais e aromáticas. Usos.
Día. 8 de novembro.

-Micorrización de especies forestais.
Días 22 e 23 de novembro.

-Técnicas de produción de cogomelos.
Días 29 e 30 de novembro.

As xornadas son de balde e están dirixidas a profesionais do sector, pero tamén ó público en xeral que teña interese na materia. Os interesados poderán inscribirse enviando o formulario do curso ó correo electrónico cfea.lourizan(arroba)edu.xunta.es. O formulario é o mesmo para tódolos cursos, abonda con modificar o nome do curso especificando no que se quere inscribir. Para dispoñer de máis información sobre as sesións pode chamarse ós teléfonos 986 805 088 e 986 805 085.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información