Fixado en 91 euros o importe definitivo das axudas asociadas por vacas de carne

Fixado en 91 euros o importe definitivo das axudas asociadas por vacas de carne

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) acaba de publicar os importes definitivos das axudas asociadas por vacas nutrices de carne, correspondentes á campaña 2019, e que ascenden a 91 euros por animal.

A dotación orzamentaria para a campaña 2019 ascende a 186.090.208,24 euros para a rexión peninsular e 450.410,49 € para a rexión insular. Este importe repártese entre 2.041.714 animais que cumpriron os requisitos establecidos respecto da rexión España peninsular, e 2.937 animais en relación á rexión Insular, fixándose por iso os importes unitarios de 91,14 euros/animal para a rexión España peninsular e 153,35 euros/animal para a rexión insular.

Na España peninsular, finalmente hai máis animais que cumpren todos os requisitos necesarios para cobrar a axuda asociada que os que se tiveron en conta cando se calculou o importe unitario provisional, isto motivou que o importe unitario definitivo final sexa lixeiramente inferior ao que se comunicou como provisional e co que se efectuou o pago de anticipos.

Estes importes unitarios definitivos aplícanse, tanto aos pagos pendentes como aos pagos complementarios aos xa realizados cos importes unitarios provisionais.

Captura de pantalla 2020-03-24 a las 11.25.06

A pesar das restricións e limitacións na actividade da administración que supón o estado de alarma decretado polo Goberno para protexer a saúde e seguranza dos cidadáns, conter a progresión do andacio e reforzar o sistema de saúde pública fronte á ameaza do COVID-19, as Comunidades Autónomas xa finalizaron os controis destas axudas e puideron facilitar ao FEGA o número de animais determinados en base ao cal se establece iste importe unitario.

A partir deste momento, as Comunidades Autónomas poderán realizar o cálculo dos importes que corresponden a cada gandeiro e ordenar o pago destas axudas, sen prexuízo das limitacións e consecuentes atrasos na actividade administrativa que puidesen derivarse do estado de alarma. “O FEGA e as Consellerías competentes das Comunidades Autónomas están a traballar arreo porque esta situación repercuta o menos posible na percepción das axudas da PAC por parte do sector agrícola e gandeiro”, destacan dende o FEGA.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información