Fin de semana para disfrutar dos viños do Ribeiro, a denominación máis antiga de Galicia

Publicidade
Fin de semana para disfrutar dos viños do Ribeiro, a denominación máis antiga de Galicia

Esta tarde celebrouse a inauguración da 56ª Feira do Viño do Ribeiro, un evento que se desenvolverá ata o vindeiro domingo e que combina a posta de longo do viño da última colleita da comarca coas actividades musicais, a gastronomía e o enoturismo.

Programa-20193 ribeiro Programa-20193 ribeiro doming

“O rural vive un momento crítico e precisa un plan de acción integral”

Durante a súa intervención, o presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares, fixo fincapé no momento crítico que o mundo rural vive en España e por iso pediu que “debe ser tratado coma unha cuestión de estado a nivel nacional, e como compromiso de país en Galicia”.

Segundo Juan Casares, “en Galicia é necesaria unha estratexia clara e o compromiso de todos os axentes políticos e sociais son fundamentais para deseñar un “Plan de acción rural” comprometido, realista, integral e eficiente; unha aposta decidida pola súa conservación deseñada de xeito transversal, é dicir interdepartamental”.

Para Juan Casares dito plan debe implementar medidas ligadas ás potencialidades de cada zona, “debemos potenciar as actividades que permitan a súa conversión nun espazo de oportunidades económicas sostibles que xeren riqueza local e fixen poboación á terra e iso pasa sempre por coñecer as posibilidades de cada zona.”

De facelo así o resultado será a revitalización do mundo rural, “a riqueza deriva de apoiar en cada lugar aquilo que sabe facer; o emprego xurde cando hai unha boa xestión das potencialidades; a poboación se fixa cando pode vivir dignamente. Se somos quen de revitalizar as economías locais o equilibrio social mellorará e o rural galego recuperará o seu futuro.”

Na súa intervención, o presidente do C.R.D.O. Ribeiro subliñou o papel fundamental que desenvolve o Consello Regulador do Ribeiro, “como eixo vertebrador dunha comarca esencialmente vitivinícola e como factor de cohesión dun territorio histórico.”. Neste sentido, Juan M. Casares reivindicou unha maior sensibilidade co territorio que abrangue a Denominación de Orixe máis antiga de Galicia, “o Ribeiro precisa fotos con texto, é dicir require medidas de apoio claras e contundentes. Algunhas destas medidas derivarán necesariamente do Estudio socioeconómico e Plan estratéxico que se está a elaborar grazas ao apoio claro da Deputación Provincial de Ourense.”.

Neste sentido anunciou que convocará unha “Mesa polo Ribeiro” co gallo de impulsar as medidas que deriven dese estudio, “todos os nosos esforzos teranse que encamiñar a que o Ribeiro sexa, outra vez, o gran viño de Galicia e un escaparate da provincia de Ourense no mundo.”

A Feira do Viño do Ribeiro celebra este ano a súa 56 edición, sendo unha das festas enolóxicas máis importantes e antigas de Galicia, posto que a súa creación remóntase ao ano 1932. Nesta edición, participan 38 expositores -dous máis que no 2018- e ofrece un amplo abanico de actividades como obradoiros de cociña, coa participación de destacados chefs, actuacións musicais, tanto en sesións nocturnas como na hora do aperitivo.

A DO Ribeiro ten actualmente 2.250 hectáreas inscritas, na que traballan máis de 4.000 viticultores e 115 industrias. O pasado ano 2018, este selo produciu algo máis de 9.000 toneladas de uva, o que supuxo 8,1 millóns de litros de viño cualificado e un ingreso de 28,4 millóns de euros de facturación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información