Este fin de semana celébrase na vila lucense de Vilalba a XXIV Feira do queixo DOP San Simón da Costa, un produto cada vez máis valorado tanto no mercado nacional como internacional. O programa da feira inclúe degustacións, showcooking e por suposto, a oportunidade de poder mercarlles directamente a 8 queixerías amparadas polo Consello Regulador.
O punto central desta feira do queixo de San Simón da Costa será a praza da Constitución, onde haberá instalada unha gran carpa para resgardar aos asistentes en caso de choiva.
Velaquí o programa:
Sábado ,7 de abril:
11.00 h apertura do recinto ferial (praza da Constitución)
16.30 h obradoiro de cociña para nenos con Esther MasterChef Junior 5
19.00 h lectura do pregón polo chef Jorge Gago
21.00 h peche de portas
Domingo, 8 de abril:
10.00 h apertura do recinto
12.00 h showcooking da chef María Varela
13.30 h showcooking do chef Yayo Daporta
15.00 h fin da feira
Xa vai quedando menos!
🧀🧀🧀😋🧀🧀XXIV Festa do #queixo #SanSimónDaCosta en #Vilaba, 7 e 8 de abril#Lugo #Galicia #gastronomía pic.twitter.com/NZy1snUDjF
— San Simón da Costa (@SanSimondaCosta) April 5, 2018