Fin de semana de Portas Abertas nas adegas do Ribeiro e Rías Baixas

As xornadas contan cun programa repleto de actividades enoturísticas para todos os públicos

Publicidade
Fin de semana de Portas Abertas nas adegas do Ribeiro e Rías Baixas

Paseo entre viñedos polo Ribeiro.

Este fin de semana celébranse as IV Xornadas de Portas Abertas nas rutas dos viños do Ribeiro e de Rías Baixas.

Os visitantes poderán facer visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes na promoción. Todas terán as súas portas abertas durante a fin de semana da campaña. Ao finalizar a visita ofrecerán como agasallo unha degustación dos mellores viños do Ribeiro e de Rías Baixas.

Tamén haberá unha serie de restaurantes onde o visitante poderá escoller entre dous menús concibidos especialmente para esta ocasión. Os menús compoñeranse de primeiro e segundo pratos – maridados ambos con viños da Denominación de Orixe- e sobremesa. Os restaurantes adheridos tamén ofrecerán menús infantís para os nenos menores de 12 anos que acompañen aos adultos.

En cada Ruta poderase atopar ademais un programa especial de actividades para a fin de semana: haberá catas comentadas, visitas a museos do Viño, rutas monumentais, paseos en barca, trens turísticos, descontos en aloxamentos e outras accións relacionadas co mundo do viño

Horario de atención ao público:

Realizaranse tres visitas guiadas o sábado e unha o domingo, no seguinte horario:

Sábado: ás 11.30h e ás 13.00h / ás 18.30h
Domingo pola mañá: ás 12.00h

Recoméndase confirmar a visita vía telefónica coa adega correspondente.

Programa da Ruta do Viño do Ribeiro

Ruta do Viño do Ribeiro presenta, para a IV edición destas Xornadas de Portas Abertas, un programa repleto de actividades enoturísticas para todos os públicos. Cunha importante novidade, o “ViñoBus Ruta do Viño do Ribeiro”.

As Xornadas celebraranse este fin de semana, durante o que as persoas participantes poderán:

. Visitar as adegas adheridas á Ruta do Viño do Ribeiro e degustar os seus viños: ás 11:30, á 13:00 e ás 18:00 horas, do sábado 6 e ás 12:00 horas do domingo 7 de xuño.
. Gozar de experiencias enogastronómicas con menús especiais que ofrecen os restaurantes.
. Descansar entre viñedos.
. Gozar de cada un dos recursos enoturísticos que ofrece a Ruta do Viño do Ribeiro.

Ademais, a organización das IV Xornadas de Portas Abertas quixo achegar a Ruta do Viño do Ribeiro ao público potencialmente interesado, para o que se dispuxeron catro liñas de autobuses que sairán de diferentes puntos da xeografía galega, Ourense, Vigo e Ribadavia.

Cada unha delas foi deseñada de maneira que as persoas participantes poidan coñecer a variedade de recursos que ofrece a Ruta do Viño do Ribeiro; visitar adegas, coñecer a riqueza patrimonial e cultural do territorio, descubrir as peculiaridades dos nosos servizos turísticos.

Os socios da Ruta do Viño do Ribeiro implicáronse de cheo nesta celebración para ofrecer actividades para todos os públicos, familias, grupos, parellas. Ofrecendo prezos especiais nos aloxamentos así como paquetes turísticos con desprazamentos dende A Coruña e Santiago de Compostela.

O sábado día 31 ás 20:00, no Centro Social da Madalena, de Ribadavia o público poderá degustar máis de vinte marcas de viño das adegas adheridas á Ruta do Viño do Ribeiro ambientado por un grupo musical.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información