Festa da Cereixa e do Aceite en Ribas de Sil

Festa da Cereixa e do Aceite en Ribas de Sil

Presentación da Festa da Cereixa e do Aceite en Ribas de Sil.

Ribas de Sil acollerá este fin de semana, sábado e domingo, a súa xa tradicional Festa da Cereixa e do Aceite, dous produtos agrícolas tradicionais deste concello lucense, que conta cunhas 500 hectáreas adicadas a estes cultivos. No evento participarán 30 expositores, que porán á venda 2 toneladas de cereixas e uns 500 litros de aceite. Tamén haberá dispoñibles nos stands outros produtos típicos da comarca, coma o mel, licores ou queixos. O programa da festa inclúe ademais unha demostración de artesanía en madeira de olivo.

A XIII Festa da Cereixa e do Aceite está organizada polo Concello de Ribas de Sil e conta coa colaboración da Deputación de Lugo, cuxa vicepresidenta segunda, Lara Méndez, será a pregoeira da festa na tardiña do sábado. O evento presentouse esta mañá en Lugo, onde a vicepresidenta segunda de Deputación lembrou as iniciativas postas en marcha pola institución luguesa para promover os produtos autóctonos, tales como a plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com, “que conta con máis de 500 produtos e servizos que ofrecen máis de 150 empresas”, sinalou Méndez. A Deputación lembra tamén que creou a marca LugoSabe, que reforza o coñecemento dos produtos autóctonos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información