A feira Cimag – Gandagro, que se celebra do 21 ó 23 de febreiro, avanza na súa organización

O comité organizador do certame destaca as boas perspectivas de expositores e de aumento da superficie comercializada

A feira Cimag – Gandagro, que se celebra do 21 ó 23 de febreiro, avanza na súa organización

Reunión do comité organizador de Cimag - Gandagro.

A terceira edición da Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Cimag-Gandagro, que se desenvolverá do 21 ó 23 de febreiro en Silleda (Pontevedra), presenta boas perspectivas en canto a asistencia de expositores e aumento da superficie comercializada. O comité organizador do certame, que mantivo un encontro estes días, confirma importantes incorporacións de empresas e espera medrar tanto en expositores coma en superficie en relación á anterior edición.

A feira, que ten un carácter bianual, é o principal certame gandeiro do noroeste peninsular e no marco do sector lácteo, é un evento de referencia a nivel de toda a Península No comité organizador da feira participan numerosas entidades, empresas e cooperativas con gran peso no ámbito agrogandeiro. Entre outras firmas, estiveron representadas a Federación Frisona Galega, a Federación Galega de Porcino, Africor Pontevedra, Grupo Coren, Delagro, Aira, Xenética Fontao, Millares Torrón, Abanca Agro, Tecnor Lalín, Farming Agrícola, Ausama, Maxideza, Rosber, Agrotec, Entrecanales, Gea, Talleres Moga, Cardelle, Claas e Hermanos Villar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información