A feira Cimag-GandAgro celebrarase do 25 ó 27 de febreiro do 2021

Quince entidades, empresas e cooperativas do sector agropecuario comezan cos preparativos e abordan a promoción do evento

A feira Cimag-GandAgro celebrarase do 25 ó 27 de febreiro do 2021

Integrantes do comité organizador da feira durante a reunión celebrada en Silleda.

A IV Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag GandAgro, celebrarase do 25 ó 27 de febreiro de 2021. A decisión tomouna o Comité Organizador tras unha reunión mantida no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda, onde tamén se celebrará o certame.

No encontro participaron quince entidades, empresas e cooperativas cun gran peso no sector agrogandeiro como son a Asociación Nacional de Maquinaria Agropecuaria, Forestal y de Espacios Verdes (Ansemat), o Centro Tecnolóxico Agroalimentario (Cetal), a Federación Frisoa Galega (Fefriga), Cogal, Grupo Coren, Delagro, Nudesa, Farming Agrícola, Ausama, Tecnor Lalín Maquinaria, Maquinaria Agrícola del Noroeste, Claas Ibérica, Cardelle Hidráulica-Forcar, Hermanos Villar e Agrotec Entrecanales.

Nesta reunión tamén se abordou a promoción do evento, tanto dirixida a potenciais expositores como a visitantes e profesionais. Á par, na cita analizáronse os resultados da edición do 2019 e valoráronse posibles melloras para a nova convocatoria.

Para este ano 2020, a gran cita da maquinaria agrícola na Península estará en Zaragoza, onde do 25 ó 29 de febreiro celebrarase FIMA.

A edición de 2019

A pasada edición de Abanca Cimag-GandAgro reuniu do 21 ao 23 de febreiro de 2019 a 544 firmas expositoras (un 39% máis) de 32 países, das cales 188 foron expositores directos (un 13% máis) de seis países. A feira ocupou unha superficie bruta de 25.500 metros cadrados e neta de 12.734 metros cadrados (un 25% máis).

O seu programa estivo composto por 40 propostas que contaron con gran participación dos visitantes, os cales superaron os 18.700. Unha cifra que aínda que foi lixeiramente menor supuxo unha corrección positiva do perfil dos asistentes ao acudir un tipo de público cada vez máis profesional. Estas cifras fixeron que a valoración xeral dos organizadores fose de satisfacción pola evolución da cita, tal e como apuntaron durante a reunión.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información