Fearmaga convoca un curso sobre `Manexo de tractores forestais´

Fearmaga convoca un curso sobre `Manexo de tractores forestais´

A Federación Empresarial de Aserraderos y Rematantes de Galicia (Fearmaga) convoca un curso sobre `Manexo de tractores forestais´, que se desenvolverá os días 25, 26 e 27 de outubro, en Santiago de Compostela.

O obxectivo deste curso é cualificar ao persoal pertencente ás empresas do sector forestal no manexo e mantemento dos tractores forestais. Esta acción formativa pretende promover a capacitación profesional e mellorar a produtividade e competitividade das empresas do sector, ademais de contribuír á prevención de riscos laborais.

O curso inclúe formación práctica en campo para validar os coñecementos sobre normas de seguridade no manexo e condución, elementos de accionamento e procedementos de regulación e axuste da maquinaria. Tamén se realizan prácticas de Reanimación Cardiopulmonar (RCP) e supostos prácticos sobre normas de seguridade, variables de traballo, avaliación de riscos e medidas preventivas e situacións especiais.

Contidos:

As 20 horas lectivas do curso (12 teóricas e 8 prácticas) abordarán os seguintes contidos:

-Módulo 1. Manexo de tractores forestais: técnicas de condución, seguridade, enganche de apeiros, normas de circulación e procedementos de regulación e axuste da maquinaria

-Módulo 2. Mantemento de tractores forestais: mantemento xeral e específico da maquinaria e reparación de pequenas avarías.

-Módulo 3. Prevención de riscos laborais no manexo da maquinaria forestal: seguridade e protección, avaliación de riscos, primeiros auxilios e impacto ambiental da maquinaria forestal.

Inscricións:

Envío de datos do solicitante a: informacion@maderasdegalicia.com Datos imprescindibles: nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto

As prazas son limitadas. Recepción de inscricións ata completar aforo.

Fearmaga está inscrita no rexistro de Entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural enmateria de capacitación agraria e de transferencia tecnolóxica co número ECMR_002/09.

Para máis información www.maderasdegalicia.com ou no teléfono 981 568 390.

2 ideas sobre “Fearmaga convoca un curso sobre `Manexo de tractores forestais´

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información