Expertos europeos no sector lácteo visitarán esta semana Galicia

Expertos europeos no sector lácteo visitarán esta semana Galicia

Visita dun grupo de Dairy for Future a unha gandería de Santa Comba

Un total de 32 expertos no sector lácteo de distintos estados da Unión Europea visitarán a próxima semana Galicia, dentro do proxecto “Dairy For Future”, unha iniciativa financiada polo Arco Atlántico e na que participan entidades de Galicia, Portugal, Francia, Reino Unido, Irlanda e País Vasco.

O obxectivo final do proxecto é mellorar a eficiencia das ganderías de vacún de leite. A visita comezará o mércores pola tarde en Lugo, con xuntanzas de traballo que continuarán ao día seguinte, 16. Nestas reunións debaterase sobre as distintas realidades da produción de leite na Unión Europea e darase conta dos avances nas diferentes áreas do proxecto.

A xornada do venres, día 18, será de visitas a distintas explotacións lácteas: a Granxa de Recría de Xovencas da Deputación de Lugo en Castro de Ribeiras de Lea; á Granxa Arqueixal, en Palas de Rei; á Granxa A Cernada, tamén no mesmo concello lugués, mentres que Juan Piñeiro exporá o proxecto EFFECT.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información