A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Éxito dos viños de Valdeorras no Fórum Gastronómico da Coruña

Éxito dos viños de Valdeorras no Fórum Gastronómico da Coruña

Presentación dos viños de Valdeorras no Fórum Gastronómico da Coruña

O presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Luis García Pando, cualificou de “moi exitosas” as accións promocionais dos viños valdeorreses que se desenvolveron no marco do Fórum Gastronómico da Coruña.

A modo de balance, destacou que, entre o domingo e o martes, celebráronse en ExpoCoruña “varias catas comentadas dos nosos viños, dirixidas a público especializado”. Xunto a isto, diversas referencias de viños valdeorreses puideron degustarse no Túnel do Viño “Galicia en Cata” que se celebrou no marco do Fórum Gastronómico e no que tamén houbo marcas doutras denominacións de orixe galegas.

Espazos expositores propios

Estas accións compleméntaronse cos espazos expositores propios que bodegas como Quinta da Peza e cooperativas como a Bodega Cooperativa Jesús Nazareno dispuxeron en ExpoCoruña. E tamén cunha programación propia no marco do Fórum baixo unha marca e un formato especiais dedicados ao viño: Wine Circus-Fórum Vino, de vocación vangardista e na que diversos adegueiros galegos, entre eles Rafa Palacios de Valdeorras, mantiveron conversas sobre viño cos asistentes.

Máis de 24.000 persoas

Máis de 24.000 persoas pasaron por ExpoCoruña ao longo dos tres días de intensa actividade do Fórum Gastronómico, superando a cifra da última edición deste consolidado salón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *