"Un 40% das terras agrícolas de Galicia que analizamos teñen contidos altos ou moi altos en fósforo"
Ás portas da campaña de abonado de primavera, Esperanza Álvarez, catedrática do departamento de Edafoloxía da Escola Politécnica de Lugo, recomenda facer analíticas de solo para poder corrixir as súas carencias, como a excesiva acidez, e axustar mellor as doses de fertilizante. Di que botar man, sen máis, do socorrido NPK pode levar a desequilibrios e ser mesmo prexudicial