A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“Estou contenta cos resultados da vacina contra a mastite, xa que as células van á baixa”

María del Carmen Val Campo, de Sat Veiga da Lama (Castro de Rei, Lugo), explica nesta entrevista como mellorou o estado sanitario do seu rabaño coa vacinación fronte á mamite

“Estou contenta cos resultados da vacina contra a mastite, xa que as células van á baixa”

María del Carmen Val Campo, presidenta da Sat Veiga da Lama

A Sat Veiga da Lama, ubicada en Prevesos (Castro de Rei, Lugo), viña arrastrando mamites por problemas puntuais de alta presenza de E.coli na explotación. A vacinación contra a mamite permitiulles mellorar o estado sanitario do seu rabaño. Falamos con María del Carmen Val Campo, socia e presidenta da Sat Veiga da Lama. A Sat, na que participan 5 socios, leva funcionando desde o ano 2000 e conta na actualidade con 150 vacas en muxidura.

Cales son, segundo a túa opinión, os principais problemas relacionados coa calidade do leite e as perdas económicas que producen as mastites?
– Un é o manexo; outro é o muxido, porque se non o fas ben, pois… E despois está a alimentación, que tamén pode repercutir na mamite.

Cando comezaches a vacinar para previr a mastite e que te levou a tomar esta decisión?
Comecei a vacinar haberá ano e medio… E que me levou a vacinar? Pois a técnico da explotación, Mónica, aconselloume que vacinase porque naqueles momentos eu tiña bastante E. coli, e con só salvar unha vaca de E. coli eu cubríame os gastos da vacina, entón miramos a ver, e resultou.

Que pensaches cando che explicaron que existía unha vacina para a prevención da mastite?
– Eu non chegaba a crer que fixera o efecto que fixo pero ben, ben. Convénceme.

“Coa vacinación, evitei ter que tratar vacas. Tamén mellorei en benestar, porque púñame moi nerviosa nada máis ver mamite”

Que foi o que te chamou a atención do produto e por que decidiches utilizalo?
– Decidín probalo porque mo aconsellaron e despois vin que daba resultado e repetín. As vacas parían ben, parían sen ter mamite e ían mellor… Arrancaban ben e non había problemas.

Cales foron os principais beneficios tanto a nivel de calidade de produto como a nivel económico que obtiveches con esta vacinación?
– A nivel económico, que non tiven que tratar vacas. E logo está o meu benestar, porque eu púñame moi nerviosa nada máis ver mamite.

Que lle dirías a unha persoa que non sabe se empezar a vacinar para a prevención de mastite na súa explotación?
– Que se arrisque, que funciona, que vai ben e hai resultados. Eu estou moi contenta cos resultados que estou tendo. De feito as células van á baixa, xa me preocupa ter tan poucas! [risas].

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *