Estender as novas tecnoloxías ao rural galego, un reto para o seu desarollo

Estender as novas tecnoloxías ao rural galego, un reto para o seu desarollo

A Asociación para o Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo – GDR 4, en colaboración coa Rede Estatal de Desenvolvemento Rural, REDER, organizou este xoves un seminario sobre as novas tecnoloxías no medio rural. No evento, celebrado na delegación da Xunta na cidade das murallas, os relatores destacaron que a aplicación das novas tecnoloxías é, neste momento, o principal reto dos territorios rurais.

A mellora da conectividade e o fomento dunha nova cultura tecnolóxica poden e debe achegar ás zonas rurais non só oportunidades de futuro, senón tamén facilidades para os seus propios cidadáns e, tamén, un novo marco no que as propias administracións locais presten os seus servizos de maneira máis eficaz e eficiente.

Os numerosos asistentes ao seminario puideron escoitar interesantes relatorios como a de Miguel Ángel Laguna; consultor en Tics para pemes, especialista en Google Adwords e redes sociais, e coordinador do proxecto de cooperación Leader CONECT@DOS.ES; ou a de Víctor Jolín, coordinador da Rede Estatal de Desenvolvemento Rural, REDER. Posteriormente, celebrouse un taller de experiencias moderado pola xerente do GDR 4, Paz Rodríguez, e na que interviñeron o xerente do Grupo Leader Adri Valladolid Norte, Eugenio García Rojo, o xerente do Grupo Leader Poeda (León), D. Javier Juanes, e o xerente do Grupo Leader Desenvolvo e Innovación (Ciudad Real), Luís Miguel Pérez.

Nesta mesa redonda os participantes expuxeron diferentes experiencias de aplicación dos Tics nos seus respectivos territorios rurais.

Acto de clausura

Durante o acto de clausura, o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Ángel Pérez Dubois, destacou que “as novas tecnoloxías son unha ferramenta indispensable no rural, porque dan competitividade ás pemes da zona”. Unha opinión que compartiu o presidente da Asociación para o Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo, José Ánbel Santos, quen tamén asegurou que “desde o GDR 4 cremos que as NN.TT. son o futuro do medio rural”.

O presidente da Rede Española de Desenvolvemento Rural, José Andrés García Moro, pola súa banda, afirmou que “os avances tecnolóxicos van facilitar moito a vida dos habitantes das zonas rurais de Lugo, Galicia e España”.

Loita contra o despoboamento

Ao longo de toda a xornada púxose de manifesto que unha plena conectividade das zonas rurais achegaralles ferramentas capaces de loitar contra o fenómeno do despoboamento.

Os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDRs), por medio da implementación do programa Leader, xogan neste proceso de adaptación das zonas rurais un papel fundamental por medio do seu constante apoio tanto a proxectos tecnoloxicamente innovadores, como a procesos de animación, sensibilización e formación orientados a que a poboación local e as pequenas empresas adáptense e aproveiten as vantaxes que lles ofrecen as novas tecnoloxías.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información