Ábrese o prazo para arrendar parcelas no Banco de Terras de Galicia

Ábrese o prazo para arrendar parcelas no Banco de Terras de Galicia

Terras abandonadas recuperadas por Alejandro na Pontenova (Lugo)

Dende este sábado, 1 de outubro, e ata o 30 de novembro, está aberto o prazo para realizar solicitudes de arrendamento de parcelas do Banco de Terras de Galicia.

Os arrendamentos son por un período de 5 anos, e en caso de desexar arrendar por un período maior, o propietario deberá dar o seu consentemento. Se un propietario desexa incorporar unha parcela ao Banco de Terras pode realizar os trámites ao longo de todo o ano.

Existen uns prezos de refererencia para cada parroquia, segundo sexa terreo de labradío, de prado, forestal, inculto ou de pasto e mato ou de cultivos leñosos. Estes prezos pódense consultar nesta ligazón para as provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

O Banco de Terras de Galicia é un instrumento creado pola Consellería do Medio Rural co que se pretende regular o uso e aproveitamento de fincas con vocación agraria, co dobre obxectivo de evitar o seu abandono e de poñelas a disposición de todas aquelas persoas que necesiten terra para usos agrícolas, gandeiros ou forestais, entre outros.

A función principal do Banco de Terras é a de dinamizar e mediar entre as persoas propietarias e aquelas que precisan terras, así como dar a ambas partes garantías, confianza e seguridade na xestión e no uso das fincas.

Tanto a incorporación de parcelas como a solicitude de arrendamentos pódense realizar a través da páxina web do Bantegal ou ben dirixíndose á súa sede:

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
Subdirección de Mobilidade de Terras
Lugar da Barcia, nº 56, Laraño
15897 – Santiago de Compostela (A Coruña)

Para calquera dúbida pódese chamar ao teléfono 881 997 193 ou enviar un correo electrónico ao enderezo bancodeterras@xunta.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información