Este martes comeza Alimagro, a Primeira Feira do Agro da Limia

urante cinco días terán lugar dúas feiras monográficas nunha aposta pola agricultura da comarca de Xinzo da Limia como pilar económico fundamental e escaparate de cara a promocións exteriores.

Publicidade
Este martes comeza Alimagro, a Primeira Feira do Agro da Limia

Dende este martes, 19 de novembro, e ata o domingo día 24 celebraráse en Xinzo de Limia, ALIMAGRO, Primeira Feira do Agro da Limia, unha das comarcas agrícolas e gandeiras máis importantes de Galicia.

Durante cinco días terán lugar dúas feiras monográficas nunha aposta pola agricultura da comarca de Xinzo da Limia como piar económico fundamental e escaparate de cara a promocións exteriores.

ALIMAGRO, organizada polo concello de Xinzo de Limia, consta de dúas feiras: a Feira da Pataca (do 19 ao 22 de novembro) e a Feira da Maquinaria (do 21-24 de novembro). En palabras da alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, “tense a intención de que os anos vindeiros estas industrias de transformación e implementación non só industrial do que se produce na Limia, se transforme e poida ser distribuída no territorio nacional e incluso internacional”.

A Feira da Pataca, que se celebrará na Praza Carlos Casares, contará con degustacións durante todos os días do produto de Xinzo por excelencia: a pataca. Ademais, na Casa da Cultura realizaranse xornadas diarias matinais sobre as principais inquedanzas dos agricultores da comarca así como xornadas de marketing e promoción ou unha organizada pola Escola Rural de Saúde sobre as características alimentarias da propia pataca.

En canto á Feira da Maquinaria, emprazada no Parque do Toural, farase un recoñecemento ao tractor como maquinaria destacada.

Pola súa parte, o concelleiro responsable da área de Medio Rural, Amador Díaz, destaca que “por fin, na Limia vanse facer dous eventos moi importantes, tanto pola pataca, piar fundamental da comarca, como da maquinaria”.

Ademais,durante a semana de  celebración da feira, os bares e restaurantes sinalados do lugar contarán con tapas que se poderán consumir a un prezo moi asequible , con premios para as de maior calidade.

Programa e expositores de ALIMAGRO:

ALIMAGRO XINZO 1 PROGRAMA ALIMAGRO XINZO 2 PROGRAMA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información