Este fin de semana celébrase no concello ourensano do Barco a XVIII Feira do Viño de Valdeorras. Segundo o presidente do Conselo Regulador, José Vicente Solarat esta feira está pensada para que sexa “un acto lúdico festivo de exposición dos viños desta bisbarra”.
Paralelamente celébrase a XVI Cata dos Viños da Feira, que se realiza entre hoxe e mañá, e cuxos gañadores se darán a coñecer o domingo. Os premiados serán ademais os protagonistas da cata popular que dirixirá a sumiller galega, Mercedes González. A feira celebrarase este ano na Praza de Viloira do Barco de Valdeorras.
Programa da XVIII Feira do Viño de Valdeorras
Xoves e venres, 9 e 10 xullo:
– XVI Cata dos Viños da XVIII Feira do Viño de Valdeorras
Sábado, 11 xullo:
12:30 horas: Inauguración da XVIII edición da Feira do Viño de Valdeorras. Pregón inaugural na Praza de Viloira, a cargo de Julián Villamarín Rodriguez.
13:00 horas: Apertura do Recinto Feiral e posterior actuación da Charanga N.B.A. “Non Bebemos Auga”.
14:30 horas: Peche do recinto feiral.
19:30 horas: Reapertura do recinto e actuación da Charanga N.B.A.
21:00 horas: “Festival VALDEORROCK”
Actuacións de:
– Jurassic Rock Dj
– “THE MORGANS”: Grupo de Rock&Roll con toques británicos e alternativos que respira aires dos 70, 80 e ata dos 90.
– “Bon Scott Revival Show”, banda tributo clónica que repasa todos os éxitos da mítica banda australiana AC/DC.
Domingo, 12 xullo
12:30 horas: Apertura do recinto feiral
13:00 horas: Entrega dos premios da XVI Cata de viños da Feira do Viño
13:30 horas: Cata popular dirixida pola sumiller Mercedes González no recinto feiral.
14:30 horas: Peche do recinto feiral
19:30 horas: Apertura do recinto feiral
23:00 horas: Clausura da XVIII Feira do Viño de Valdeorras
TREN TURISTICO DÁ FEIRA “Valdeorras expreso”:
Durante os días 11 e 12 de xullo haberá un tren turístico gratuítopara o traslado de visitantes á feira.
Percorrido: Polideportivo municipal de Calabagueiros- Hospital Comarcal Valdeorras-Praza do Concello do Barco- Praza de Viloira.
Funcionamento: o tren funcionará en percorridos de ida e volta durante o horario de apertura da feira.
Parque de actividades infantís:
-Lugar: Xardíns Casa Grande de Viloira
Días e horarios:
– Sábado día 11: A partir de 19:30 horas
– Domingo día 12: Mañá: 12:30 a 14:30 horas. Tarde: a partir de 19:30 horas