Estabilidade nos prezos de Amio, áinda que con tendencia á baixa

As mesas de prezos de Amio acordaron manter esta semana todas as cotizacións igual que na pasada sesión. Non hai cambios nin na Mesa da IXP Ternera Gallega nin nos prezos da Mesa de Abasto.

Os vogais da Mesa de Abasto, non obstante, coincidiron en apreciar unha tendencia xeral á baixa tanto nas cotizacións dos becerros de abasto para sacrificar coma no vacún maior, polo que non se poden descartar baixadas en próximas semanas.

En canto á asistencia de gando á feira, esta semana entraron 2.304 reses, 17 menos que na anterior semana. Houbo 1.792 cabezas de vacún menor, 267 de vacún mediano e 244 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa de prezos (22-VI-2016)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información