Estabilidade nas cotizacións de Amio

As mesas de prezos de Amio acordaron onte a continuidade sen cambios de todas as cotizacións, tanto en Ternera Gallega como no gando de recría, nos becerros carniceiros e no vacún maior. Os vogais da Mesa de Prezos de Abasto coincidiron en apreciar unha tendencia á baixa na clasificación P e nas subclases O1, O2 e O3 do vacún maior.

A asistencia de gando ó mercado esta semana foi de 2.320 reses, 79 menos que a pasada semana. Houbo 1.706 cabezas de vacún menor, 317 de vacún mediano e 284 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (7-9-2016)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información