España importa cada vez máis lácteos do resto da UE dos que exporta

COMERCIO LACTEOS UE 2O comercio desigual de produtos lácteos entre España e o resto da Unión Europea vai a máis. O fin das cotas lácteas en 2015 ou a etiquetaxe obrigatoria da orixe do leite presentáronse como oportunidades para que o noso país reducise a balanza comercial negativa co resto da UE, especialmente en produtos de maior valor engadido como os queixos ou a manteiga.

Sen embargo, os datos dos últimos tres anos conclúen que lonxe de corrixirse este intercambio desigual, que frea as posibilidades dos gandeiros de incrementar a súa produción e mellorar os seus prezos, está a agravarse.

Así, segundo os datos publicados esta semana polo Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea, referidos ao primeiros cinco meses deste ano, España exportou ao resto de países da UE (fundamentalmente a Portugal, Francia e Italia) un total de 33.773 toneladas de queixo, que aínda que supón un 2% má que no mesmo período de 2018 non compensa a suba das importacións do resto de estados membros, unhas compras que ascenderon a 128.862 toneladas, un 4% máis. No conxunto da UE o comercio interior de queixo entre xaneiro e maio medrou un 2% até as 18665587 toneladas.

Se analizamos outro produto de valor engadido como a manteiga, España exportou ao resto da UE un total de 4640 toneladas, un 5% máis que en 2018, pero importou un 6% máis, até chegar ás 8456 toneladas. A compravenda deste produto entre os estados membros creceu entre xaneiro e maio un 3%, até as 352230 toneladas.

Onde si se dispararon as exportacións españolas foi no leite desnatado en po, que creceu case un 300%, até as 5970 toneladas, mentres que as importacións do resto da UE aumentaron un 34%, até as 26306 toneladas. O comercio intracomunitario deste derivado lácteo aumentou un 22% no período analizado, situándose nas 334969 toneladas.

Pola contra, baixaron no cinco primeiros meses as vendas ao exterior de leite enteiro en po: un 15% menos respecto ao mesmo período do ano pasado, quedando en 1688 toneladas. As importacións, 4994 toneladas, tamén baixaron nunha porcentaxe similar, un 16%. Pola contra, o comercio interno da UE deste produto creceu un 18% no primeiros cinco meses, chegando ás 142760 toneladas.

Por último, España exportou soro de leite en po por importe de 13478 toneladas, un 11% menos, pero as importacións doutros países comunitarios creceron un 2%, até as 13559 toneladas. No conxunto da UE, o comercio intracomunitario deste produto de mantivo estable nas 401039 toneladas.

Evolución nos últimos 3 anos

COMERCIO LACTEOS UE 1

En canto á comparación dos datos de 2018, segundo o Observatorio Lácteo da Comisión Europea as exportacións de manteiga española ao resto da UE caeron un 18%, até as 9509 toneladas. Pola contra, as importacións incrementáronse un 2% respecto de 2017, até as 17412 toneladas.

En canto ao queixo, onde España é tradicional sumidoiro dos excedentes doutros países da UE, as vendas mantivéronse estancadas en 76755 toneladas, pero as compras ao resto da UE creceron un 3%, até as 293597 toneladas.

Mellor evolución da balanza comercial rexistrouse nos outros derivados lácteos. A exportación de leite en po desnatado con destino UE creceu en 2018 un 37%, até as 3787 toneladas, e as importacións ascenderon a 46351 toneladas, un 8% menos. En leite en po desnatado as vendas de España ao resto da UE foron de 5448 toneladas, un 10% máis que en 2017, e as importacións procedentes de estados membros foron de 13350 toneladas, un 7% máis.

Por último, en canto ao soro de leite en po, España vendeu 38212 toneladas o pasado ano, cun incremento do 17%, e importou 29427 toneladas, un 5% menos.

Descarga aquí o informe completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información