España é un dos estados da UE onde máis medra a produción de leite

PRODUCION LEITE UE 2020A produción de leite de vaca na Unión Europea aumentou un 0,4% en 2019 España, -e máis en concreto Galicia-, foi un dos estados que máis incrementou a súa produción, un 2%, só por detrás de Irlanda (5,4% máis), Bélxica (2,4%) e Hungría (2,1%). Destaca a baixada dos principais produtores da UE: Holanda (-0,7%), Francia (-0,2%) e Alemaña (-0,1%) Así se desprende dos últimos informes do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea.

Nas demáis potencias leiteiras a nivel mundial a produción caeu un 4,3 % en Australia, debido á seca, e un 0,4% en Nova Zelandia, mentres que en Estados Unidos as entregas de leite de vaca en 2019 medraron un 0,3%, animada pola suba dos prezos.

Prezos: O 2019 foi un dos anos máis estables

Polo que respecta á evolución dos prezos o 2019 foi un dos máis estables dos últimos tres anos, ao ser menor tanto a baixada do leite na primavera como a suba no outono.

Deste xeito, a diferenza máxima de prezos na UE en 2019 foi de 1,9 céntimos entre o máximo de 35,6 céntimos o litro de leite que se pagou de media en decembro e os 33,7 céntimos de xuño, moi por debaixo dos 3,8 céntimos de diferencia intermensual en 2018 e dos arredor de 5 céntimos de 2017.

prezos LEITE UE 2020

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información