España é o país da UE onde máis baixa o prezo da carne ao produtor

Segundo un recente informe da Comisión Europea de Agricultura e Desenvolvemento Rural. Ademáis, é o Estado onde menos baixa o prezo dos cereais.

España é o país da UE onde máis baixa o prezo da carne ao produtor

O sector agrogandeiro español non sae moi ben parado do último panel de control do prezo das commodities na Unión Europea, un informe elaborado periodicamente pola Comisión Europea de Agricultura e Desenvolvemento Rural.

E é que, segundo este informe referido ao mes de xaneiro, España é o país da Unión Europea onde máis lle baixa aos produtores o prezo da carne en orixe e, pola contra, onde máis sobe -ou menos baixa, segundo o caso- o prezo dos cereais.

Así, por exemplo, entre xaneiro de 2014 e xaneiro deste ao España foi o Estado da UE, só despois de Hungría e Chipre, no que máis baixou o prezo da carne de polo, un -7,3%, fronte á media da Unión que foi dunha caída do -3,9%

Idéntica situación se produce na carne de porco, cunha baixada do 27,3%, fronte á media da UE do -18,8% e só superada por Grecia. Ídem para a carne de tenreira: unha caída interanual en España do -5% fronte á baixa media europea do -1%.

Pola contra, no prezo dos cereais, España foi o Estado da Unión Europea onde menos se notou a baixada de prezos. Así, se o millo caeu unha media do 10% no último ano, en España a baixada foi de só o -1,8%. Na cebada, o prezo subiu en España un 4%, mentres que no conxunto da UE baixou unha media do 6,2%.

O informe da Comisión Europea de Agricultura tamén fai un seguimento dos prezos para o consumidor. E aquí é onde se completa a excepcionalidade española: entre xaneiro de 2014 e xaneiro deste ano, o prezo da carne para o consumidor baixou en España só un -0,2%, mentres que na media da UE baixou un 0,7%.

Prezo da soia

Polo que respecta ao prezo da soia, de xaneiro de 2015 a decembro do ano pasado baixou un 5,6%, situándose na Union Europea nunha media de 362,3 € por tonelada.

No último ano o descenso de prezo da soia na UE foi do 25,6%.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información