Enquisa a gandeiros para mellorar a relación co persoal contratado

Enquisa a gandeiros para mellorar a relación co persoal contratado

O muxido é a tarefa para a que se contrata máis persoal

A empresa Lideres en Bienestar está a realizar unha enquisa entre os profesionais do sector gandeiro para coñecer como xestionan o persoal na gandaría e poder ofrecer solucións neste ámbito.

Os datos que se obteñan desta enquisa servirán para mellorar a capacitación e formación dos traballadores das gandarías de vacún de leite. A dificultade para atopar persoal capacitado e motivado, é un dos retos aos que se enfronta o sector en España e en Galicia, onde cada vez máis a man de obra familiar é substituída por persoal asalariado externo.

Neste sentido a enquisa, que se cobre nuns minutos e de forma sinxela, pregunta datos sobre o tamaño da gandaría, como se realiza o muxido e como xestiona o gandeiro as condicións de traballo do seu persoal contratado (horarios, organización do traballo, motivos polos que se marchan os traballadores, salarios…etc.), pero tamén sobre como sente valorado o gandeiro pola sociedade.

Podes cubrir a enquisa nesta ligazón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información