Enquisa ás gandarías sobre os efectos do cambio climático no sector

Enquisa ás gandarías sobre os efectos do cambio climático no sector

A Fundación Entretantos, unha entidade ambiental que realiza proxectos relacionados coa gandaría extensiva, está a realizar unha enquisa sobre como afrontan os e as gandeiras os efectos do cambio climático nas súas granxas.

A enquisa inscríbese dentro dun proxecto europeo chamado Life Live-ADAPT, para mellorar a adaptación da gandaría extensiva ao cambio climático.

Para contestar o cuestionario pódese facer de varias maneiras:

1)      O máis fácil e seguro: co computador ou o móbil, picando nesta ligazón e enchéndoo online: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeiD4deN2E2ybsXWmVqJfSPwKvGFOGoX08oNd-njJAsCjf_mg/viewform
2)      Outras opcións: descargando o pdf adxunto, enchéndoo directamente e devolvéndoo a esta mesma dirección de correo electrónico ou por WhatsApp ao móbil 670 01 17 32
3)      Imprimindo o PDF, enchéndoo e enviándoo á Fundación Entretantos. C/Arzobispo José Delicado 1, Bajos Comerciales, 47014 de Valladolid.

Calquera dúbida podédela consultar no correo electrónico gestion@entretantos.org ou vía whatsapp ou teléfono no número anterior.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información