¿En que países da Unión Europea gañan máis diñeiro os produtores de leite?

Resumo dun estudo do “Institut de l´Élevage” no que analiza a evolución da producción láctea e dos custes de produción nos principais produtores europeos. Estas son as súas conclusións

¿En que países da Unión Europea gañan máis diñeiro os produtores de leite?

Gandería O Cantón SC, en Viana do Bolo

O Institut de l´Élevage francés publicou o pasado mes de outubro un dossier sobre “A Europa leiteira do Norte despois do fin das cotas”, no que analiza a evolución da produción e da rendibilidade das explotacións lácteas durante os últimos anos en Francia, Alemaña, Dinamarca, Irlanda, Holanda e Polonia.

En xeral, a conclusión do informe é que “a fin das cotas lácteas fixo que se agudizara a competencia e se amplificaran as diferencias entre as principais rexións produtores de leite e o resto”. “En xeral, foi algo positivo para os produtores lácteos europeos, agás para Francia”, sinalan dende o Institut de l´Élevage.

E é que tal e como se observa no seguinte mapa, dende 2007 ata 2017 a produción láctea da UE tendeu a concentrarse cada vez na fachada atlántica europea, a zona precisamente na que nese período medrou máis a recollida, por riba do 15%.

Evolución da produción de leite nas rexións da UE: 

EVOLUCION PRODUCCION LEITE UE¿En que países da Unión Europea é máis rendible producir leite?

PRODUCCION LEITE UE CUSTOS UE

Analizando os custos de produción e a productividade das ganderías de vacún de leite dos 6 países estudados, o informe conclúe que o modelo irlandés, baseado nun sistema de pastoreo intensivo e de baixos custos de produción, é o máis rendible para os gandeiros. De feito, no período 2013-2017 as explotacións lácteas de Irlanda lograron un ingreso medio por UTA (o traballo que realiza unha persoa na explotación ao longo do ano) de algo máis de 51.000 euros, seguido de preto por Dinamarca (49.000 euros), Holanda (40.000) e Alemaña (32.000 euros). Francia ocupa a penúltima posición, cuns ingresos por UTA de preto de 21.000 euros e Poloña ocupa a última posición con 8.900 euros, se ben as ganderías deste país do leste son as de menor tamaño.

“A clave da competitividade dos gandeiros irlandeses é que logran un alta marxe por litro, duns 15 céntimos, grazas aos seus baixos custos de produción, e ao mesmo tempo un volume de produción por UTA tamén elevado, duns 350.000 litros”, explican dende o Institut de l´Élevage.

Os gandeiros de Irlanda son os que gañan máis diñeiro grazas a baixos custos de produción e alta produtividade por UTA

“Nun sistema oposto, en Dinamarca os gandeiros teñen unha marxe de beneficio por litro moi pequena, de 2,5 céntimos, ademáis dunha forte volatilidade dos prezos, pero logran unha produción por UTA de 1.2000.00 litros, o que lles permite acumular reservas nos períodos de bos prezos do leite. Os gandeiros daneses empezan a gañar diñeiro a partir dun prezo de 0,339 euros o litro, pero unha vez que sobe dese limiar acumulan beneficios moi axiña para compensar as épocas de vacas fracas”, engaden.

En canto a Holanda, a rendibilidade das ganderías “procede fundamentalmente do prezo elevado do leite grazas a unha industria láctea moi innovadora e con vocación exportadora”.

No tocante a Francia, a situación segundo o estudo é de febleza no escenario post cotas: “É dos países nos que menos medrou a produción láctea, un 6% máis dende o 2006 ao ano 2019, o que unido a unha produtividade por UTA limitada, duns 254000 litros e un prezo do leite moderado, dunha media de 0,336 euros o litro, fai que o ingreso medio por UTA sexa bastante baixo, duns 21.000 euros”, conclúen os expertos.

Por último, en Alemaña a competitividade das ganderías ven determinada fundamentalmente polo seu control dos custos de produción, así como pola alta produtividade por traballador, duns 410.000 litros.

Diferenzas nos custos de alimentación:

CUSTOS ALIMENTACION LEITE UE

Custos de produción nos distintos países estudados:

CUSTOS PRODUCCION LEITE UE

Custo da man de obra segundo o país:

CUSTOS MAN DE OBRA LEITE UE

Produtividade por UTA:

PRODUCTIVIDADE UTA LEITE UE

Prezo medio: 

COSTES PRODUCCION LEITE UE

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información