¿É legal vender un viño ou alimento como galego sen ser producido en Galicia?

Publicidade
¿É legal vender un viño ou alimento como galego sen ser producido en Galicia?

A venda de produtos alimentarios como galegos, e en especial o viño, a augardente ou a empanada, pero que non foron producidos e incluso nin elaborados en Galicia é unha práctica que segue a ser bastante común no resto do Estado.

Neste sentido, dende a Unión de Consumidores de Galicia recordan que a lexislación é moi clara á hora de considerar ilegal e sancionables estas prácticas.

Velaquí as referencias normativas sobre cuestións relativas a etiquetado e orixe dos produtos alimenticios e do viño.

Reglamento (CE) No 1493/1999 DEL CONSEJO, de 17 de mayo de 1999 por el que se establece la organización común del mercado vitivinícola. Artigo 48

NORMA_ETIQUETAXE_VIÑO_1

Reglamento (UE) N o 1169/2011 DEL PARLAMENTO EUROPEO Y DEL CONSEJO de 25 de octubre de 2011 sobre la información alimentaria facilitada al consumidor   Artigo 17 A)

NORMA_ETIQUETAXE_VIÑO_2

Ley 24/2003 de la Viña y del Vino. Artigo 18.5, ou artigo 39 1 f)

NORMA_ETIQUETAXE_VIÑO_3

RD 1334/1999, de 31 de julio, por el que se aprueba la Norma general de etiquetado, presentación y publicidad de los productos alimenticios. Artigo 4

NORMA_ETIQUETAXE_VIÑO_4

A nivel de Galicia o Decreto 124/2010. de 15 de xullo, polo que se regulan as mencións relativas á orixe ou procedencia galega no etiquetado, presentación e publicidade dos produtos alimentarios. Artigo 4

NORMA_ETIQUETAXE_VIÑO_5

A Unión de Consumidores denuncia que é fraudulento vender como galego viño que non foi producido en Galicia

O secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), Miguel López Crespo, considera fraudulento e denunciable a venda de viño como galego cando non foi producido nin elaborado en Galicia.

En concreto, en declaracións a Campo Galego, Miguel López Crespo recorda que “é preciso distinguir entre se a etiquetaxe dun produto alimentario indica producido, o que se refire á orixe da materia prima, ou elaborado en, referido ao proceso de elaboración do mesmo”.

Neste sentido, distingue tres situacións: “Se a uva procede de fóra de Galicia pero foi elaborado por unha adega galega e na etiqueta así o indica, elaborado en Galicia, non se estaría cometendo unha infracción legal, aínda que dende o noso punto de vista da Unión de Consumidores de Galicia si que habería unha práctica comercial desleal, pois induce a erro ao consumidor. Cando o viño non foi nin elaborado nin producido en Galicia non se pode incluír na etiqueta ningunha destas palabras, e no caso do nome de produto e emprega un nome ou imaxe que evoca a que é galego entendemos que se está cometendo un fraude, pois o que se persegue é confundir ao consumidor despertando a conciencia de que é un produto galego, cando nin foi elaborado nin producido aquí. E cando fai referencia a unha Indicación Xeográfica Protexida ou Denominación de Orixe, como a palabra Ribeiro ou Rías Baixas sería claramente ilegal, fraudulento e punible”, explica.

“A normativa europea é clara en canto a indicar a orixe e se non se cumpre cos alimentos é pola presión dos lobbyes”

Miguel López Crespo conclúe que “dende a Unión de Consumidores de Galicia defendemos que consumidor debe ter pleno dereito á información e cando consume un produto ten dereito a coñecer de onde procede, e non só onde foi elaborado”. “O mesmo cando falamos de determinados alimentos. Se a normativa europea obriga a etiquetar a orixe dos produtos e dos ingredientes principais non é comprensible que se queiran establecer excepcións para alimentos como o viño, o leite ou o mel, a non ser pola presión de determinados lobbies moi poderosos”, conclúe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información