A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Durán Maquinaria Agrícola presenta os seus equipos en Demoagro 2015

A empresa lucense acudirá coas máquinas máis innovadoras de Pöttinger, McHale, Caruelle e Pichon -marcas que importa en exclusiva para España-, e cunha picadora de forraxe New Holland

Durán Maquinaria Agrícola presenta os seus equipos en Demoagro 2015

Equipo de sega Novacat S10 y Novacat 301.

Do 27 ao 29 de maio, Durán Maquinaria Agrícola participará na feira de demostración de maquinaria agrícola Demoagro 2015, que celebrará a súa segunda edición na finca La Ventosilla (Gumiel de Mercado, Burgos). No evento, a empresa lucense presentará as últimas innovacións nas súas gamas de recolección de forraxe, chan e pulverización.

Unha das novidades que Durán Maquinaria vai probar na súa parcela de demostracións (R12) é o pulverizador arrastrado OLYMPIA 600 S de Caruelle, un apeiro versátil e sólido cuxo chasis e depósito lle proporcionan o centro de gravidade máis baixo do mercado.

A gama de pulverizadores Caruelle dispón de múltiples tamaños de barras entre 18 e 44 metros que se adaptan a todo tipo de superficies. Entre as súas características destacan o eixe direccional con punto 0 exacto (en opción) e a suspensión de barras patentadas, o corrector de inclinación de barras automático, a circulación continua de aire e a suspensión en eixe libre de mantemento. Ademais, son compatibles ISOBUS e autoguiado.

Xunto ao buque insignia da marca, Durán tamén levará a Demoagro os modelos OLYMPIA 320 S e OLYMPIA 120 S.

Máquinas que coidan a calidade da forraxe
Os equipos para sega, preparación e recolección de forraxe de Pöttinger e McHale serán outros dos protagonistas das exhibicións de Burgos.

Equipo autocargador de Pottinger.

Equipo autocargador de Pottinger.

Entre os produtos de sega destaca o equipo formado pola segadora frontal NOVACAT 301 FARADIOS e a traseira NOVACAT S10, cun ancho de traballo de 9,10 metros. Esta combinación é ideal para traballar entre cobertura de rego a 18 m. Outro dos seus atractivos é a excepcional relación de potencia requirida por metro de sega.

O público de Demoagro tamén poderá ver como traballa o equipo con acondicionador de rodillos integrado pola segadora frontal NOVACAT 301 FRC e a traseira NOVACAT 351 RC. A arrastrada NOVACAT 307 TRC Collector, equipada con acondicionador de rodillos e fita agrupadora, completará esta gama de produto.

Os rastrillos estendedores estarán representados polo modelo HIT 6.61, de 6 rotores e un ancho de traballo de 6 metros. A nova serie de ‘henificadores’ de Pöttinger equipa o exclusivo rotor Dynatech, con brazos curvos e inclinados para unha maior limpeza da forraxe. O traballo de preparación da forraxe completarase co anciño hilerador TOP 762 C, de 2 rotores, hilerado central e un ancho de traballo que varía de 6,75 a 7,5 metros.

Para concluír o traballo de recolección, demostrarase a potencia e o confort do novo remolque autocargador con rotor de carga EUROPROFI 5010 L Combiline de Pöttinger, cun corte de 39 mm e unha capacidade de 45 m3.

Rotoempacadora McHale Fusion 3.

Rotoempacadora McHale Fusion 3.

Xunto a este equipo traballarán as rotoempacadoras de McHale, a de cámara variable V660, a rotoempacadora-encintadora de cámara fixa FUSION 3 e a FUSION 3 PLUS, que utiliza plástico non só na cámara de encintado senón tamén na de empacado, achegando unha maior calidade ao silo. Tamén se probarán a encintadora arrastrada de pacas cadradas McHale 998 e a suspendida de pacas redondas McHale W2020.

Por último, as demostracións de maquinaria de recolección incluirán a da picadora de forraxe da nove serie FR de New Holland. O modelo que se probará en Demoagro é o FR 850, equipado con pick-up de herba.

Labra e sementeira con selo Pöttinger
Durán levará a La Ventosilla unha ampla selección de equipos punteiros para o traballo do chan. O público terá a oportunidade de visualizar o seu funcionamento na parcela de New Holland (R11), contigua á de Durán.

Mostraranse tres modelos de gradas rápidas de discos: as arrastradas TERRADISC 6001 TESLAS e 5001 TESLAS, de 6 e de 5 metros de ancho de traballo, e o modelo suspendido pregable TERRADISC 4001 K, de 4 metros.

Pulverizador Caruelle.

Pulverizador Caruelle.

Xunto a elas estarán os cultivadores SYNKRO 4030 TESLAS e SYNKRO 3030, de 3 e de 4 metros de traballo, respectivamente. A nova xeración de cultivadores Pöttinger está equipada co sistema de protección contra pedras NOVA, que facilita o traballo en terreos pedregosos grazas a brazos e discos niveladores amortecidos. Ademais, un seguro mecánico adicional protexe de danos por rotura.

A gama de arados estará representada polo modelo SERVO 35 S PLUS NOVA. Este apeiro vén equipado con axuste hidráulico do ancho de corte e seguro hidráulico contra pedras, que lle ofrecen ao usuario unha seguridade e unha flexibilidade óptimas.

No ámbito da sementeira, exhibirase a combinación de grada rotativa LION 302 coa sementadora pneumática suspendida AEROSEM 3002 ADD, un concepto único que une a sementeira de cereais e de millo. Isto conséguese grazas ao sistema PCS, que integra a sementeira de gran individual nunha sementadora pneumática estándar. Esta máquina tamén equipa o sistema de distribución intelixente da semente IDS, que controla todas as saídas mediante BUS, o que permite seleccionar os tubos de sementeira segundo a necesidade, á vez que garante unha cantidade de semente constante en cada tubo de sementeira e aforra semente, xa que a sobrante volve ao tubo principal.

Sementadora Aerosem.

Sementadora Aerosem.

Outra combinación cuxo traballo se poderá ver en Demoagro é a do preparador compacto FOX D e a sementadora pneumática de dobre disco VITASEM ADD.

Por último, tampouco podía faltar nunha demostración destas dimensións o buque insignia das sementadoras de Pöttinger, a TERRASEM. Esta sementadora de mínima labra pode traballar directamente sobre os restos da colleita anterior, con mínima labra despois dun cultivador SYNKRO ou dunha grada rápida TERRADISC, ou en sementeira convencional.

Presentación dos equipos de Pichon
Durán aproveitará a celebración de Demoagro para presentar os produtos de Pichon, a nova marca que importa en exclusiva para España dende o pasado mes de marzo. A empresa levará a La Ventosilla cubas, esparexedores e minicargadoras, así como unha selección de batedores da marca.

NOTA: Os horarios das demostracións estarán indicados na parcela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *