Dúbidas no sector apícola sobre a eficacia do novo plan da Xunta contra a Vespa velutina

Dúbidas no sector apícola sobre a eficacia do novo plan da Xunta contra a Vespa velutina

O Día do Apicultor, celebrado este sábado en Arzúa, centrouse na loita contra a Vespa velutina, deixando segundo a organización, a Asociación Galega de Apicultura (AGA), “moitas interrogantes sen responder”. A empresa Seaga, encargada de xestionar o novo plan da Xunta de Galicia para o control desta praga, centrado básicamente na retirada de niños, explicou que pretenden realizar este servizo nos 275 concellos adheridos, pero os apicultores e apicultoras asistentes expuxeron as súas dúbidas pola posible ineficacia do servizo, xa que non consideran que se melloren as ferramentas para iso.

En concreto, por parte da Xunta de Galicia expuxeron o novo plan que poñerán en marcha este ano prácticamente no 90 % dos concellos de Galicia. Este plan diferénciase do anterior, nos concellos onde o servizo o realizaba a empresa Tragsa, nun aumento do persoal encargado e na reducción nos tempos de retirada dende o aviso. Pero o servizo terá un importante número de excpecións en función das condicións da ubicación dos niños, como por exemplo os situados a máis de 25 m ou os ubicados preto de ríos, polo risco medioambiental.

Neste sentido, representantes de AGA e O público asistente amosaron a súa preocupación ante a posible falta de eficacia deste plan, e que a pesar dos grandes recursos invertidos, non se retiren a maior parte dos niños e polo tanto, incremente a presenza do tártago e favoreza o seu avance.

Por un lado, criticaron que invertir a maior parte dos recursos na retirada de niños pode ser ineficaz pois non está demostrado que iso reduza os efectos negativos que produce a Vespa velutina. E por outro, advertiron de que non se están incorporando novos sistemas que melloren as técnicas de retirada, como por exemplo para acceder a niños ubicados a máis de 25 metros de altura, cando xa existen ferramentas que o permiten.

Neste sentido, o delegado de AGA no Morrazo José Mª Bello explicou que “a maior utilidade para a eliminación de niños do uso de carabinas de aire comprimido, que disparan balíns cunha cantidade mínima de insecticida, comparándoa coa mecanismo tradicional das pértegas para introducir litros de insecticida”. Bello asegurou que “con ese sistema redúcese significativamente tanto o custe como o tempo invertido nas actuacións”.

Tamén participou no debate Marcos González, director do Museo de Historia Natural, que recalcou a importancia da investigación para atopar ferramentas verdadeiramente eficaces. Según González, “a retirada de niños é esencial, pero hai que atopar outros sistemas, tamén para a detección precoz de niños”. “Existen estudios sobre o uso de feromonas sexuais, pero ata agora só para os machos, co cal non é unha solución realmente práctica. Hai que seguir investigando nas feromonas pero para atraer as femias ou as raíñas”, subliñou. En canto o trampeo, plantexou dúbidas sobre a súa eficacia, pois non hai ningún estudio que así o demostre.

A xornada completouse coa entrega dos diplomas ós premiados do I Concurso de Mel 5 Estrelas e outras palestras sobre sanidade apícola ou o novo proxecto de apiturismo da Asociación Galega de Apicultura, co que organizará para o 2021 un Foro Internacional de Apiturismo en Santiago de Compostela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información