Detectadas na provincia de Pontevedra as primeiras manchas de Mildeu en viñedo

Publicidade
Detectadas na provincia de Pontevedra as primeiras manchas de Mildeu en viñedo

Mancha de mildeu detectada en Ribadumia este xoves

A Estación de Viticultura de Ribadumia, centro dependente da Xunta de Galicia, ven de informar de que detectou estas semana as primeiras infeccións primarias de mildeu nos seus viñedos.

En concreto, dende esta estación da Evega, avisan de que “o xoves 26 de abril detectáronse en folla os síntomas típicos da mancha de aceite na mesma”. “A planta na que se detectou corresponde a unha cepa de albariño xove, con estado fenolóxico máis adiantado, a 1 metro do solo e no Salnés (Concello de Ribadumia)”, engaden.

Ante esta situación, os técnicos lembran que “esta sintomatoloxía inicial marca o comenzo do control da enfermidade coa realización dos tratamentos fitosanitarios oportunos” a base de funxicidas

Recomendacións:

– Detectada a infección primaria, recoméndase aplicar o primeiro tratamento para o control de Mildeu nesta campaña. Agás os viñedos máis adiantados na súa fenoloxía con gromos que alcanzan os 15-20 cm, este tratamento pódese aplicar dende xa cun fitosanitario de acción sistémica neste momento. Tamén son válidos os de acción penetrante ou de fixación a ceras cuticulares. En viticultura ecolóxica serían entre os autorizados neste sistema.

-De momento, a aplicación de acaricidas non se estima necesaria xa que tamén se detectan poboacións de fitoseidos nos viñedos con boa biodiversidade.

Areeiro advirte da ineficacia de aplicar fitosanitarios cando hai vento

Pola súa parte, a Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de advertir no seu último aviso fitosanitario da ineficacia de tratar as viñas cando hai vento, “incompatible tras ter detectado a moitos viticultores aplicando caldos fitosanitarios nos últimos días”, precisan.

Os técnicos consideran que debido ás importantes velocidades dos fachos, as aplicacións realizadas non foran axeitadas porque non quedaron na súa totalidade nas viñas, senón que chegaban a casas, vías ou outros cultivos, circunstancia que fixo que o funxicida non protexera correctamente á planta,que seguirá exposta ás infeccións.

Con respecto a outros patóxenos da vide, aparte dalgún síntoma de excoriose non se atopou ningún outro indicio de parásitos nas fincas visitadas, poloque nestes momentos, cos cambios de temperatura que hai e que poden dar lugar síntomas similares, é preciso confirmar a súa presenza antes de aplicar calquera tratamento.

Mildeu na pataca

Por outra banda, a situación fitosanitaria xeral observada das maceiras é moi boa, e de feito os síntomas de oídio que se detectaron non avanzaron. En referencia ao kiwi, o incremento da humidade e o estado fenolóxico actual das plantas, cos botóns florais, obriga a tratar estas enfermidades para previr danos.

Como recomendacións xerais para as plantas de horta, dado que se incrementará o risco de aparición de enfermidades como o Mildeu -debido á maior humidade-, haberá que extremar a vixilancia. Tamén haberá que estar vixiante coas aparicións das primeiras afeccións de Tuta absoluta en invernadoiros de tomate de O Salnés.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información