Descensos de prezo no gando de recría e no vacún maior en Silleda

Descensos de prezo no gando de recría e no vacún maior en Silleda

A lonxa agropecuaria de Silleda rexistrou este martes unha baixada xeral en todas as cotizacións, así como unha menor afluencia de gando á habitual, derivada da festividade de hoxe mércores en toda España.

En gando de recría, houbo unha baixada dos prezos medios de 17 euros. As caídas máis significativas rexistráronse nas femias de cruce; tamén nos frisóns machos, que baixaron na poxa de Silleda unha media de 34 euros na categoría de 21-50 días e 25 euros na de animais de ata 20 días. A única categoría que mellorou prezos en relación á anterior sesión foi a de machos cruces de 21 a 50 días, que melloraron 7 euros por unidade.

En vacún maior, a caída dos prezos foi de 193 euros, tamén con baixadas en todas as cotizacións; en tanto os becerros carniceiros seguiron a tónica xeral da sesión, pero cun menor descenso en relación á pasada semana, que foi de 45 euros.

No tocante ás cotizacións decididas nas mesas de prezos de Silleda non houbo cambios. Porcino cebado, leitóns, galiñas e ovos repiten os valores da pasada semana. En coello, tampouco se rexistraron variacións na lonxa de Madrid.

lonxa 14

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Silleda (14-VIII-2018).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información