A Deputación de Lugo inviste 180.000 euros na Granxa Experimental de Leite

A Deputación de Lugo inviste 180.000 euros na Granxa Experimental de Leite

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres o proxecto e a contratación dunha obra de mellora do firme da contorna da Granxa Experimental de Leite, que a institución está a construír na Granxa Gayoso Castro, en Castro de Rei, de acordo cun convenio asinado coa Universidade de Santiago de Compostela

Así o anunciou a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, que explicou que estes traballos, cun orzamento de preto de 180.000€, “supoñen unha mellora do proxecto da Granxa Experimental, coas que practicamente quedará finalizado o conxunto da obra”.

O proxecto consiste no formigonado de 5.000 m2 de superficie, que agora mesmo é de zahorra, “un pavimento que é permeable e ante as copiosas choivas das últimas semanas percibimos que se asolaga con facilidade, unha situación que se ve deteriorada tanto polo tránsito de vehículos pesados como de maquinaria agrícola. Temos que ter en conta, ademais, que a Granxa Experimental vai acoller a estudantes e profesores e, nestas condicións, non é práctico traballar”, apuntou.

Ademais da pavimentación, estas obras tamén contemplan dotar as instalacións de evacuación da auga de choiva e de conducións de saneamento de pluviais. O proxecto ten un prazo previsto de execución de 8 semanas dende o inicio das tarefas, sempre e cando as condicións meteorolóxicas sexan favorables.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información