A Deputación de Lugo destina 172.000 € para a recría e a mellora xenética da raza Rubia Galega

A Deputación de Lugo destina 172.000 € para a recría e a mellora xenética da raza Rubia Galega

No centro, o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, e o presidente de ACRUGA, Cesar Dorado Pin

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, e o presidente da Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega (ACRUGA), Cesar Dorado Pin, asinaron estes xoves un convenio mediante o cal o goberno da Deputación renova a súa colaboración con este colectivo. Faino concedéndolle unha nova axuda de 172.000 euros para continuar ata finais deste ano coa recría de exemplares na Granxa Gayoso Castro, mellorándoos xeneticamente para a súa comercialización e promoción.

Campos Conde detallou as vantaxes que supón esta colaboración, apuntando que dende a súa posta en marcha, no ano 2007, xerou beneficios de 2,3 millóns de euros e un aforro doutros 2,2 millóns para os produtores de Rubia Gallega da provincia lucense.

Así, lembrou que a recría dun só exemplar durante os 18 meses deste proceso supón un custo medio de 1.650 euros. Na Granxa Gayoso Castro recriáronse preto de 1.500 xovencas, derivando nun aforro de 2,3 millóns de euros para os produtores lucenses.

Lugo concentra o 76% da cabana de raza Rubia Galega

En canto á comercialización, das cabezas recriadas nas instalacións provinciais, 500 leváronse a poxas, acadando un prezo medio por unidade de 2.000 euros. Outras 800 xovencas vendéronse directamente a un prezo medio duns 1.600 euros. Isto supuxo ata o momento beneficios de 2,2 millóns de euros, ademais de contribuír á promoción e expansión dos exemplares de Rubia Gallega dos produtores lucenses, pois estes foron adquiridos por profesionais de toda a Comunidade galega e diferentes puntos de España. Na actualidade, na Granxa Gayoso Castro estanse a recríar preto de 200 exemplares. Esta mesma fin de semana, 9 cabezas participarán na poxa de Adai.

Lugo é a provincia galega que conta cun maior número de explotacións de raza Rubia Galega, cunhas 1.400 explotacións, que representan o 77% do total de Galicia, e máis de 30.000 cabezas, que representan o 76% do total de Galicia.

A colaboración da Deputación con ACRUGA tamén inclúe formación a gandeiros e outros profesionais deste sector. Por exemplo, 90 persoas participaron nos cursos para ser xuíces en certames de gando de Rubia Galega a nivel nacional nas modalidades de amateur, auxiliar e principal, ou nos cursos de inseminación artificial.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información