Denuncian que os grandes matadoiros de coello abandonan as granxas independentes

COAG denuncia que en 2016 o prezo medio do coello vivo sitúase ao redor dos 1,45 euros/kg vivo, fronte a uns custos de produción que ascenden a 1,80 euros/kg

Denuncian que os grandes matadoiros de coello abandonan as granxas independentes

A Coordinadora de Organizacións de Agricultores e Gandeiros (COAG), coa que está asociado o Sindicato Labrego Galego, considera inadmisible a actuación dos grandes matadoiros que operan no sector cunícola, que están a deixar de recoller coellos entre as explotacións independentes á vez que abren grandes granxas propia de tipo integrado.

“Mentres que afirman que sobra o 30% da produción de coello para xustificar os baixos prezos, están a abrir granxas de integración e ameazando con deixar de recoller a produción das explotacións independentes. A transparencia na cadea de valor brilla pola súa ausencia. Estamos cansados de mentiras e de que todo o mundo leve a súa marxe á conta do produtor”, denuncia Xosé Luís Santaclara, responsable do sector cunícola de COAG.

“Desde 2014 só tivemos 5 meses nos que os prezos estiveron por encima dos custos de produción”

No que leva de 2016, o prezo medio do coello vivo sitúase ao redor dos 1,45 €/kg vivo, fronte a un prezo medio de 1,57 €/kg en 2015 e 1,77 €/kg en 2014. Mentres tanto, os custos de produción situáronse de media entre 1,80-1,85 euros/kg vivo.

“Desde 2014, só houbo 5 meses nos que os prezos se situaron por encima de custos. O resto, os gandeiros vendemos a perdas, o que provocou unha grave falta de liquidez nas explotacións e o peche de centenares de granxas”, afirmou Santaclara.

Santaclara: “As explotacións xa non teñen liquidez e o Ministerio ten que actuar”

Ademais, COAGA denuncia que “a banalización que con frecuencia faise da carne de coello nos lineais por parte das cadeas de distribución e o gran desequilibrio na repartición de valor ao longo da cadea arroxan unha situación extrema para os cunicultores”.

Da análise do índice de Prezos Orixe e Destino (IPOD) elaborado mensualmente por COAG dedúcese que mentres os prezos en orixe reducíronse entre 2014 e 2015 en máis dun 11%, o prezo en destino mantívose practicamente inalterable. Por tanto, as marxes comerciais ampliáronse, a pesar da práctica de venda a perdas sufridas polo gandeiro.

FICHA_PREZO_COELLO

Ante a extrema situación, COAG pediu ao Ministerio de Agricultura unha reunión urxente para orquestrar un plan de choque que alivie a falta de liquidez das explotacións, no que se contemplen axudas directas para os gandeiros.

Ademais, reclaman ao FEGA que se comprometa coa compra de carne de coello conxelada dentro do seu programa de axuda alimentaria en vigor, o que permitiría alixeirar o mercado e satisfacer a necesidades de colectivos necesitados na actualidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información