Denuncian que Carrefour vende o leite a 0,25 euros o litro

Denuncian que Carrefour vende o leite a 0,25 euros o litro

Leite de oferta en Carrefour. Foto: OPL

A Organización de Productores de Leche (OPL) denuncia vendas a perdas en grandes superficies como Carrefour e E. Leclerc Salamanca, “con prezos ridículos, por baixo do trinta céntimos de euro”. En concreto, trátase dunha oferta pola que a multinacional francesa vende o seu leite de marca branca a 0,25 euros o litro, moi por baixo dos 0,55 euros de prezo normal.

“O único que conseguen estas empresas que venden a perdas, descaradamente, é arrastrar ao resto da distribución a baixar os prezos, para poder competir, devaluando o produto e o noso traballo”, reclama o presidente da organización, José Alberto Martín .

Tanto a OPL, como diversos sindicatos interpuxeron máis de 40 denuncias ante a Agencia de Información y Control Alimentarios (AICA), dependente do Goberno central, contra as prácticas de vendas a perdas. “Porén, só unas cantas sancións con multas ridículas. Outras perdéronse ao trasladalas a AICA ás respectivas comunidades autónomas, que son as que teñen a última palabra á hora de sancionar”, denuncian desde a organización.

“Estamos totalmente indefensos ante calquera abuso que se comete contra os gandeiros produtores de leite. As denuncias non serven de nada. E se denuncias estás exposto a ter represalias, sen que ninguén sancione, nin poña orde e vixíe estas prácticas abusivas”, incide Martín.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información