Denuncian que Alcampo e Carrefour venden leite con “ofertas imposibles a 0,55€”

BM Supermercados ALCAMPO CarrefourA Coordinadora de Organizaciones de Agricultores y Ganaderos(COAG) denunciou ante o Ministerio de Agricultura e a Axencia de Información e Control Alimentarios (AICA) a proliferación de ofertas de leite con prezos anormalmente baixos en varias cadeas de distribución. En senllas cartas, o Secretario Xeral de COAG, Miguel Blanco, deu a voz de alarma “ante o que supón unha banalización dun produto alimentario pola súa utilización como produto reclamo para atraer clientes aos seus establecementos en base a promocións con prezos por baixo de custos”.

“Durante as últimas semanas, Alcampo, Carrefour e BM Supermercados están a realizar ofertas abusivas a 0,55€/l, tanto en marcas propias como en marca de fabricante, para leite UHT (enteiro, semidesnatado e desnatado), utilizando mesmo o logotipo PLS ( Produtos Lácteos Sustentables) avalado polo Ministerio de Agricultura”, denuncian desde o COAG. “Nunha situación de mercado que, en condicións normais, impediría ofrecer ese produto ao consumidor no prezo que se sinala”, puntualizou Andoni García, responsable de Cadea Alimentaria do sindicato agrario.

Volta ao cole con prezos de derribo para o leite

Neste sentido, desde COAG reclamouse ao MAPA e a AICA actuacións urxentes en colaboración cos organismos competentes das Comunidades Autónomas para evitar que esta práctica se xeneralice en todas as cadeas ante a inminente “volta ao cole” e o aprovisionamento dos fogares tras as vacacións.

“A destrución de valor na cadea do leite é algo que prexudica ao conxunto do sector, posto que impide a sustentabilidade económica dos seus elos. (?.) Así é imposible asegurar o relevo xeracional, cuestión que agrava o abandono do sector e o despoboamento do medio rural”, subliñou García.

COAG tamén insistiu na creación dun grupo de traballo específico para o sector lácteo no seo do Observatorio da Cadea que permita realizar unha profunda investigación sobre a repartición de valor ao longo da mesma, así como a recuperación dos estudos que viñan realizando sobre prezos e custos de produción.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información