Denuncian “ofertas lixo” de Lidl con iogures a 0,08 euros

Denuncian “ofertas lixo” de Lidl con iogures a 0,08 euros

Unións Agrarias denuncia a promoción da cadea de distribución Lidl que oferta iogures marca Milbona a 0.08 euros a unidade. “Un caso vergoñento de uso do leite como produto reclamo que causa aínda máis indignación por facer coincidir o seu lanzamento en plena reclamación por parte dos gandeiros de prezos xustos para a produción láctea”, aseguran dende a organización agraria.

Neste sentido, esíxenlle á Xunta de Galicia e ao Ministerio que “impoña o criterio de tolerancia cero contra a venta a perdas que practican algunhas cadeas de distribución na comercialización do leite”. “As administracións deben de ir máis alá das grandes declaracións de apoio o sector e facer o seu traballo de fiscalización destas actitudes comerciais devastadoras para a formación dunha cadea de valor para o leite xusta”, defenden.

A organización agraria advirte a Lidl que no caso de que non retire dos lineais dos supermercados nun prazo máximo de 48 horas a oferta, iniciará unha campaña directa de denuncia nas propias superficies comerciais. UUAA, en calquera caso, xa vai a dar traslado e propoñer que se abra un expediente sancionador ante a Axencia de Información e Control Alimentarios, (AICA) á cadea alemá de supermercados Lidl “por introducir no mercado galego produtos en clara de venta a perdas”.

Para Unións estas situacións son posibles “porque en España falta a figura dun mediador e un réxime de sancións duro e efectivo que castigue aos especuladores”.

Finalmente, a organización fai un chamamento aos consumidores e consumidoras para que fagan unha compra responsable e solidaria coas familias de gandeiros e advirte de que “os afiliados e afiliadas de UUAA a manterán unha actitude vixiante nos distintos centros comercias para denunciar publicamente a aqueles que atentan contra a dignidade dos produtores lácteos de Galicia”.

Ligazón ao folleto promocional de LIDL

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información