A Denominación de Orixe Monterrei conmemora hoxe o seu 25 aniversario

Publicidade
A Denominación de Orixe Monterrei conmemora hoxe o seu 25 aniversario

A Denominación de Orixe Monterrei acadou este ano os 25 anos de existencia do seu Consello Regulador e para celebralo programou para hoxe un evento ao que convidou ós adegueiros, viticultores e profesionais do sector. Baixo o lema ‘25 anos ao noso lado’, a gala, que se celebrará no castelo de Monterrei, servirá para render homenaxe a aqueles que fixeron posible que a Denominación de Orixe arrincara e que levan traballando a prol dos viños de Monterrei ao longo deste cuarto de século de historia.

O recoñecemento plasmarase en tres persoas concretas do sector vitivinícola de Monterrei, un viticultor, un adegueiro e un catador, que representan ao conxunto do sector. O evento quere servir, ademais, para facer memoria do traballo realizado ao longo deste anos.

A cita desenvolverase no Parador Castelo de Monterrei hoxe a partires das 21.30h. A gala estará conducida pola presentadora lucense Silvia Jato e está prevista a participación da conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, da directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, Belén Do Campo e dos alcaldes dos concellos do territorio de Monterrei.

A Denominación de Orixe Monterrei suma na actualidade 26 adegas, 426 viticultores e 566 hectáreas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información