Dende o 1 de marzo é obrigatoria a mostraxe da Xylella fastidiosa en viveiros

Publicidade
Dende o 1 de marzo é obrigatoria a mostraxe da Xylella fastidiosa en viveiros

Hoja de vid con síntomas de Xylella Fastidiosa

A Xylella fastidiosa é unha bacteria cun rango de hospedantes moi amplo e que produce graves danos en cultivos moi importantes como cítricos, viñedo, oliveira e froiteiras de oso, ademais de numerosas especies ornamentais e forestais. A orixe desta enfermidade está en California, onde se detectou na vide no ano 1882, e en viñedo é coñecida vulgarmente como Enfermidade de Pierce.

O seu nome fai referencia a que esta bacteria habita no xilema das plantas hospedadoras Xylella -, sendo transmitida por distintas especies de insectos chupadores do xilema delas.

Actualmente constitúe a principal ameaza naqueles países nos que, como España, estes cultivos sexan relevantes, estea ou non xa presente, pola importancia estratéxica sobre estes grupos de cultivos.

Por este motivo está considerada como bacteria de corentena na Unión Europea dende o ano 2000, segundo a Directiva 2000/29/EC, estando ademais incluída na lista A1 da Organización Europea e Mediterránea de Protección de Plantas (EPPO).

Segundo informa a Xunta de Galicia no seu último boletín agrometeorolóxico, considérase que o risco de introdución en  España moi alto, debido á importación de material vexetal de moitas especies hospedantes procedentes de países nos que xa se detectou a bacteria.

De feito, en España xa se atopou a bacteria en diferentes especies vexetais das Illas Baleares e nunha zona de amendoeiras en Alacante, obrigando a cortar centos destas froiteiras na Comunidade Valenciana. Os focos detectados permitiron saber que hai varios subtipos de xilella e cada un presenta unha capacidade daniña diferente en función da árbore. En Italia a bacteria xa obrigou a arrincar máis de 1 millón de oliveiras.

Ademais, son frecuentes as infeccións latentes (asintomáticas), o que dificulta a súa detección, sendo a súa erradicación, unha vez detectada, moi difícil, polo que a mellor estratexia ante esta praga é a prevención.

Síntomas

Os síntomas varían moito duns hospedantes a outros, pero en xeral son murchado , esmorecemento da planta, secado de follas e ramas, e incluso en estado avanzado, morte da planta. En ocasións, as plantas móstranse asintomáticas á presenza da bacteria, o que dificulta a súa detección.

As plantas hospedantes deben sempre ir acompañadas de pasaporte fitosanitario

Plantas hospedantes susceptibles a Xylella fastidiosa subsp. Multiplex: 

A lista de hóspedes susceptibles de ser infectadas por esta bacteria é moi ampla, abarcando ata a data a 359 especies de plantas, cultivadas ou silvestres, lista que continúa ampliándose, de ano en ano, na medida en que se van encontrando outras especies afectadas.

No enderezo electrónico que se xunta pódese consultar o listado de plantas hospedantes sensibles a Xylella fastidiosa e que deben producirse e comercializarse acompañadas do correspondente pasaporte fitosanitario, independentemente do lugar de produción:

https://ec.europa.eu/food/sites/food/files/plant/docs/ph_biosec_legis_emergency_db-host-plants_update10.pdf

En caso de que produza ou comercialice algunha destas plantas, debémonos ater ao establecido na lexislación indicada no que respecta ao uso de pasaporte fitosanitario.

Plantas hospedadoras de alto risco

Os vexetais destinados á plantación de Coffea, Lavandula dentata, Nerium oleander, Olea europea, Polygala myrtifolia y Prunes dulcis, son consideradas plantas hospedadoras de alto risco, xa que demostraron ter unha maior sensibilidade a Xylella fastidiosa, tendo sido identificadas como plantas hospedadoras a varias das súas subespecies.

Os viveiros e Garden Center con plantas hospedadoras de alto risco, deberán someter a unha inspección visual un número de plantas determinado conforme á NIMF nº 31 para poder autorizar a expedición do Pasaporte Fitosanitario que necesitan para circular pola UE a todas as plantas hospedadoras.

Esta mostraxe é obrigatoria a partir do 1 de marzo de 2018. Esta inspección será tamén obrigatoria para a importación de plantas hospedadoras de alto risco procedentes de terceiros países nos que se teña constancia da presencia da bacteria.

Métodos de transmisión e dispersión

Xylella fastidiosa transmítese de forma natural dunhas plantas a outras coa axuda de insectos vectores, principalmente cicadélidos e cercópidos, englobados dentro dos hemípteros que se alimentan do xilema.

A especificidade entre a bacteria e o vector adoita ser moi baixa, polo que practicamente calquera especie de insecto que se alimenta do xilema pode ser un vector potencial da bacteria. Os vectores, sen embargo, só actúan como
transmisores da enfermidade a curta distancia (a súa capacidade de voo está en torno aos 100 m, aínda que se poden desprazar a grandes distancias axudados polo vento), e a principal vía de propagación da bacteria a largas distancias é o comercio de plantas contaminadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información