A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Demostración de tractores New Holland en Rías Baixas

A adega Terra de Asorei (Meis) acolleu unha xornada de campo na que participaron arredor dun cento de produtores

Demostración de tractores New Holland en Rías Baixas

Proba cun tractor intercepas equipado de rozadora nos terreos da adega Terra de Asorei, en Meis.

O concesionario oficial de New Holland para Rías Baixas, Ramón Lois, desenvolveu unha demostración de campo de maquinaria agrícola na adega Terra de Asorei (Meis, Pontevedra). No acto, ao que acudiron arredor dun cento de agricultores, os asistentes puideron probar tractores das distintas series de New Holland, tanto os adaptados para o traballo en viñedo, como os T4LP, T3F e T3000, como modelos das series T4 e T5 orientados a agricultura mixta e gandería.

O evento contou cunha presentación a cargo de Rafael Villanueva, responsable de tractores especiais, agricultura mixta e gandería de New Holland, quen destacou a versatilidade dos distintos modelos de tractores que participaron na xornada de campo.

Na maquinaria das series T3F e T3000, Villanueva subliñou as distintas anchuras e alturas de radios que ofrece New Holland, de cara a facilitar o traballo en distintos marcos de plantación e con distintas alturas de viñedos.

No que respecta aos tractores T4 e T5, de dimensións maiores e con motores que oscilan entre 80 e 120 cabalos, Villanueva incidiu en aspectos como a maniobrabilidade do T4.95 Dual Command, un vehículo equipado cun eixo dianteiro que acada un ángulo de 76º para facilitar os xiros.

Os propios agricultores que asistiron á xornada, celebrada o pasado 5 de maio, puideron comprobar a facilidade de manexo da máquina executando unha manobra para aparcar en L con remolque.

Galería de fotos

Probas de campo
Outro dos vehículos que máis interese suscitou na demostración foi o T 5.115 ElectroCommand, equipado dunha pa que destaca por estar montada máis atrás que outras pas do mercado, de xeito que se consegue situar o peso da carga nunha zona máis próxima ao centro de gravidade do tractor, gañando así en estabilidade e nun manexo máis lixeiro do eixo dianteiro.

Co T5.115 ElectroCommand, os agricultores que participaron na xornada realizaron unha proba de manexo que consistiu en ensartar unha argola cun punzón montado para o efecto na pa. Con esa proba, tratábase de que os produtores puidesen comprobar a precisión e rapidez que permite a pa, equipada cun sistema hidráulico de dobre bomba, así como a visibilidade que ofrece a cabina do T5.

Na xornada de campo tamén se probaron tractores intercepas equipados con distintos apeiros, como rozadoras. O obxectivo era que os agricultores puidesen coñecer as posibilidades que ofrecen os distintos modelos, vendo o traballo que son capaces de realizar e probándoos para sentir de primeira man as súas prestacións. A xornada concluíu cunha comida conxunta de todos os asistentes e do equipo de New Holland.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *