A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Delagro amplía o seu plan formativo cunha xornada para veterinarios

Delagro amplía o seu plan formativo cunha xornada para veterinarios

Xornada formativa de Delagro.

A xornada formativa celebrouse nas instalacións pontesas da cooperativa de segundo grao Delagro, en colaboración coas divisións de saúde animal do laboratorio Vétoquinol e da multinacional Grupo Olmix, especializada en biotecnoloxía.

Iniciou a xornada David Reyero, xefe nacional de mercadotecnia de Vétoquinol. No seu relatorio, coa presentación do programa VétoRapid para a detección de patóxenos G + e G- e da bacteria estreptococo, que causan mastite, dando os resultados en 24 horas. Tamén ofrecerá recomendacións para o emprego de Forcyl en granxas lácteas. Trátase dunha inxección intramuscular e intravenosa para o tratamento da mastite aguda, aínda que existe tamén unha liña de Forcyl para infeccións respiratorias.

A derradeira actividade foi unha reunión formativa, Micotoxinas en produción leiteira, impacto sobre calidade e rendibilidade, encabezada por María Ángeles Rodríguez, directora do Servizo Técnico e membro do Comité Científico -Técnico de Olmix. A enxeñeira agrónoma afondou nos xeitos de detectar e reducir as micotoxinas, (substancias tóxicas producidas por fungos), na alimentación dos animais a través de produtos de base natural e respectuosos co medio ambiente, como os que produce Olmix, como xeito de reducir os riscos de enfermidade das vacas e mellorar a rendibilidade das explotacións.

A reunión, con formato aberto e participativo, busca promover o intercambio de ideas e a resolución de dúbidas entre os asistentes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *