A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Delagro constata un récord de vendas na súa asemblea xeral

Delagro constata un récord de vendas na súa asemblea xeral

Este mércores a cooperativa de segundo grao Delagro mostrou os seus resultados produtivos e económicos ante os socios, durante a Asemblea Xeral da entidade, que tivo lugar no seu Complexo Multisiciplinar das Pontes de García Rodríguez. Segundo o director de Delagro, Carlos Castro: “O ano 2018 resúmese nunha palabra: récord de vendas na práctica totalidade das familias que xestionamos, 196,4 millóns de euros”.

A cifra de negocio xestionada coa que pechou o exercicio 2018, 196,4 millóns de euros, supera en 31 millóns de euros a alcanzada a peche de 2017 e supón, ademais, unha mellora do beneficio esperado.

En canto a xestión, a entidade experimentou melloras en custos de procesos produtivos, ademais de consolidar alianzas produtivas con outras cooperativas de España e Portugal e prestar apoio a proxectos de integración.

Destacou tamén Castro o “gran avance en políticas de recursos humanos” da entidade, que agrupa 45 cooperativas, con 88 delegacións comerciais, en Asturias, Cantabria e Galicia, o que en termos humanos supón máis de 25.000 familias detrás do proxecto. Entre os servizos levados a cabo para as cooperativas socias durante 2018 resaltou a ampliación das implantacións de DelagrOS, un ERP (enterprise resource planning) desenvolvido por Delagro, en cooperativas socias e en terceiros.

Tras anunciar un “ambicioso orzamento para o 2019”, Castro agradeceu os resultados conseguidos: “Nada é posible sen a plena implicación das cooperativas socias e os seus empregados, quen incrementaron a súa porcentaxe de participación na actividade cooperativizada, sen o apoio decidido dos órganos reitores da organización e, como non, coa entrega incomparable do persoal desta organización: sen os seus coñecementos e implicación nada sería posible”.

Delagro S. Coop.

Delagro (membro de Cooperativas Agro-alimentarias de España) é unha cooperativa de segundo grao do sector agrícola e gandeiro (lácteo principalmente), que xurdiu fai xa preto de 25 anos co obxectivo de converterse no mellor exemplo de integración cooperativa.

Hoxe integra a 45 cooperativas de Asturias e Cantabria e Galicia. Ademais colabora con cooperativas de compoñente lácteo de Euskadi, Castela e León e Portugal. Converteuse nunha das máis importantes centrais de compras e distribución do norte de España.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *