A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

De Heus reduce un 50% o uso de medicamentos desde o 2017

De Heus reduce un 50% o uso de medicamentos desde o 2017

A empresa de nutrición animal De Heus está a levar a cabo nos últimos anos varios programas para reducir o uso de antibióticos na gandería. Unha destas iniciativas é o proxecto Natural Power, que comezou hai 3 anos en España, co que conseguiu reducir nun 50% o uso de medicamentos utilizados nos pensos que comercializan. A diminución contribúe a redución das resistencias ás enfermidades, un problema de gran interese médico e social.

O programa ten como obxectivo manter a saúde dos animais optimizando os programas alimentarios e a formulación de pensos, co fin de diminuír o uso de premesturas medicamentosas. A firma reivindica que o seu obxectivo é reducir ó máximo o uso de antibióticos, pero sen comprometer a saúde e o benestar dos animais.

A súa estratexia non se basea en buscar substancias alternativas ós antibióticos senón en mellorar o modo de operar nas granxas, reforzar o control de materias primas nas fábricas, pasando por unha revisión dos criterios nutricionais e os plans de alimentación nas distintas especies. “Sanidade, manexo e nutrición han de ir da man para reducir o uso de antibióticos sen comprometer o benestar animal nin a rendibilidade das ganderías”, afirma Jesús Carrizo, director técnico de De Heus.

Asesoramento técnico

Coincidindo coa celebración da Semana Mundial de Concienciación sobre o Uso de Antibióticos, os servizos técnicos de De Heus aproveitarán para informar ós gandeiros sobre o programa Natural Power, co obxectivo de potencialo entre tódolos seus clientes en todo tipo de ganderías. Ademais, o proxecto está integrado na iniciativa Reduce, do Plan Nacional de Resistencia a Antibióticos posto en marcha polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social.

A firma de nutrición animal ofrece diariamente ós seus clientes plans personalizados para as súas ganderías coa axuda de ferramentas desenvolvidas en Holanda e España como son Feed Expert, Robot Expert ou SyncroFOS. Ademais, De Heus tamén está a promover un proxecto de investigación dirixido ás ganderías de vacún extensivo, o Go Sostvan, co que apoiar e incrementar a produción sostible. A empresa baralla fusionar a información xerada sobre as condicións de produción libre de antibióticos nunha plataforma para asegurar a trazabilidade de tódalas producións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *