A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

De Heus implanta novas medidas para que a elaboración dos seus pensos sexa máis sostible

De Heus implanta novas medidas para que a elaboración dos seus pensos sexa máis sostible

A empresa de nutrición animal De Heus comezou a implantar en tódolos seus centros de produción e fábricas novas medidas para contribuír a que a elaboración dos seus pensos se faga dun xeito máis sostible. A multinacional incorporou procedementos para conseguir unha redución da pegada de carbono e hídrica que xera a elaboración dos seus pensos.

Estes cambios atenden ós Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, así como ás directrices marcadas no Acordo de París, elaboradas durante a Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático. Ambos documentos buscan establecer medidas para a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro.

Á marxe destes cambios, De Heus tamén está traballar nunha produción libre de antibióticos a través do proxecto Natural Power. Esta liña ten como principal obxectivo manter a saúde dos animais optimizando os programas de alimentación mediante a diminución de premesturas medicamentosas.

A compañía avoga pola tecnoloxía para conseguir que as ganderías sexan cada vez máis eficientes e sostibles, polo que destaca a importancia de conseguir medios de produción e tecnoloxías co mínimo impacto ambiental posible. A firma holandesa tamén busca motivar ó gandeiro para facer un uso responsable e prudente deste tipo de sistema de innovación, conseguindo que se implique no obxectivo medioambiental, tal e como sinala a directora de marketing e estratexia, Patricia Schwarz Borchardt.

Ademais, De Heus tamén pretende cambiar os sistema de envasado dos seus produtos nos próximos anos, co fin de utilizar materiais de fácil descomposición e respectuosos co medio ambiente. “Os centros de investigación de De Heus, así como outros cos que colaboramos, permitirannos axudar ós nosos gandeiros a adaptarse ás novas formas de produción sostible”, declara Jean François Honoré, director xeral de De Heus Iberia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *