Cursos de froiticultura e viticultura organizados pola Fundación Juana de Vega

Aberto o prazo de inscripción para actividades formativas no sector da froita e en viñedo e enolóxía, que se desenvolverán no Centro de Formación Agraria de Guísamo

Publicidade
Publicidade
Cursos de froiticultura e viticultura organizados pola Fundación Juana de Vega

A Fundación Juana de Vega programou tres cursos dirixido ás persoas que se queiran formar na froiticultura e na viticultura e enoloxía. As actividades, para as que está aberto o prazo de inscripción, desenvolveranse en horario de tarde no Centro de Formación Agraria de Guísamo.

O curso de froiticultura, que terá un total de 125 horas, desenvolverase de febreiro a decembro e ten un custo de inscripción de 200 euros. O Centro de Formación Agraria de Guísamo dispón dunha finca experimental que permitirá a realización da parte práctica da actividade.

Os alunos farán todas as operacións necesarias para a implantación e mantemento de fincas frutícolas da zona atlántica. Para acadar eses obxectivos, o curso terá un carácter discontinuo, de cara a cubrir todas fases do cultivo. Farase desde a preparación do terreo para a plantación ata a colleita e transformación do produto final.

En canto ás actividades formativas en viticultura e enoloxía, haberá un curso básico (100 horas, 170 euros) e outro avanzado (60 horas, 130 euros). Ambos cursos contarán con parte teórica e tamén práctica, pois o obxectivo é que os alunos ensaien cuestións como poda e atado da viña, a realización de inxertos, a instalación dun viñedo e o seu laboreo, ou a elaboración de viños e a práctica de catas.

Para solicitar máis información ou inscribirse, pódese escribir a info@juanadevega.org ou chamar ó 981-65.46.37.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información