A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) organiza para o mes de outubro un “Curso teórico – práctico de elaboración de produtos lácteos”. O curso está dirixido prioritariamente a profesionais do sector gandeiro, e tamén a aquelas persoas interesadas en incorporarse á elaboración de derivados lácteos.
Celebrarase en horario de 15,00 a 20,00 horas no CFEA Pedro Murias, de Ribadeo, e ten carácter gratuíto. Consistirá en talleres, que se levaran a cabo en días alternos, ata completar o proceso. Durante a formación práctica completarase a formación teórica naquelas operacións e procesos que o requiran.
Todas as persoas interesadas en participar deben chamar ao teléfono 982828554 ou enviar un correo electrónico a cfearibadeo@xunta.es
Obxectivos do curso:
-Coñecer e diferenciar, os principales componentes do leite, así como a súa importancia dentro da estabilidade da solución, e por tanto na elaboración de produtos lácteos.
-Coñecer os diferentes tipos de callado, e as peculiaridades da callada.
-Describir os fundamentos básicos, na fabricación de queixos e leites fermentados.
-Diferenciar as principais características tecnolóxicas das distintas variedades de queixo que se elaboran en Galicia.
-Coñecer as diferentes etapas do proceso productivo, na elaboración de produtos lácteos. Incidencia nos obxetivos das mesmas.
-Tecnoloxías empregadas. Variables e parámetros de control, e a súa incidencia na calidade e na produtividade.
Contidos teóricos:
-Composición físico – química do leite.
-Introducción á queixería
-Introducción a leites fermentados.
-Aspectos teóricos para a elaboración do queixo ARZUA ULLOA. Resumo da fabricación.
-Aspectos teóricos para a elaboración do queixo TETILLA
-Aspectos teóricos para a elaboración do queixo SAN SIMON
-Aspectos teóricos para a elaboración do queixo CEBREIRO
-Aspectos teóricos para a elaboración do queixo TIPO BURGOS
-Aspectos teóricos para a elaboración do REQUEIXO
-Aspectos teóricos para a elaboración do IOGUR
-Hixiene e puntos críticos.
Contidos prácticos:
Durante as prácticas na aula de lácteos do CFEA Pedro Murias realizaranse as seguintes prácticas: Elaboración queixos tipos Arzúa Ulloa, Tetilla, San Simón, Cebreiro, de queixo fresco enzimático (Tipo Burgos), de Requeixo e de iogur.