Curso sobre vida útil dos queixos

Curso sobre vida útil dos queixos

A rede española de Queixerías de Campo e Artesás (Quered) organiza para o próximo 14 de febreiro na sede do Cooperativa Campo Capela (A Capela-A Coruña) un curso sobre vida últil e data de consumo preferente e data de caducidade dos queixos.

O curso celébrase no marco da Asemblea Xeral da asociación, que terá lugar o día 15 de febreiro. Está dirixido a socios e non socios e constará dunha sesión presencial o 14 de febreiro e de intercambios online para a posterior resolución de dúbidas.

A quen vai dirixido?

Por orde de preferencia:

-Queixeiros/as
-Asesores/as privados de queixerías
-Futuras queixerías nun estado avanzado do proxecto

Obxectivo:

O curso pretende contestar a estas dúas preguntas básicas: Que data de caducidade ou de consumo preferente teñen os meus produtos?, e Como podo sabelo, como o calculo?

Programa do curso:

-Introdución. Data de caducidade e Data de Duración Mínima: Bases legais.

-Criterios microbiolóxicos para alimentos: Criterios de seguridade alimentaria.
-Criterios de Hixiene do Procedo. Plans de mostraxe. Interpretación

-Vida útil: Base legal, Guías de aplicación e Documentos Orientativos

-Etapas para determinar a vida útil:
Características do alimento e literatura científica
Microbioloxía predictiva: Combase e outros programas de uso
Histórico do alimento

-Estudos de Durabilidade: Vantaxes e inconvenientes. Aplicación

-Estudos de inoculación (ChallengeTests): Vantaxes e inconvenientes.

Aplicación:

Casos prácticos durante o curso.
Resolución de dúbidas despois do curso a través dun grupo de google que se creará para os alumnos do curso. Pecharase o 15 de marzo.
Bibliografía

Lugar, data e horario da clase presencial:

Cooperativa Campo Capela (Coruña) Rúa Calzados, 8, 15613, A Capela
14 de febreiro (un día antes da Asemblea Xeral de Quered)
De 10.00 a 17.30 (pausa de hora e media para comer)

Custo (inclúe comida do mediodía):

-Socios: 115 euros
-Non socios: 140 euros. Se desexas facerte socio, podes inscribirte AQUI

Profesorado:

O curso impárteo integramente Ángel Nepomuceno Sánchez, inspector veterinario, gran especialista en lácteos e profesional sensibilizado coa realidade das pequenas queixerías. Foi experto na revisión da Guía Comunitaria de Boas Prácticas de Hixiene específica para queixerías de campo e artesás e é membro do grupo de traballo “Normativa e Sanidade” de FACEnetwork e de QueRed.

Conta bancaria para o pago de inscricións:

Banco de Sabadell.

IBAN: É50 0081 5397 2700 0112 3315

Importante indicar en concepto: Vida útil + nome e apelidos do alumno/a.

Inscricións:

Até o 7 de febreiro a través do seguinte formulario: AQUI

Máis información:

Por email: formacion@redqueserias.org
Por wasap: 600 393 100 / 630 735 246

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información