Data inicio: 15/11/2019
Data fin: 29/11/2019
Lugar: Centro de formación y experimentación agroforestal de Sergude, Xunta de Galiza, Place of Sergude, Quián, Spain
O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude, en Boqueixón, acolle durante este mes de novembro o curso de formación Iniciación e perfeccionamento en pastoreo e produción ecolóxica.
Cunha duración de 24 horas (16 delas teóricas e 8 prácticas) será impartido en tres xornadas distintas en horario de mañá e tarde. En concreto, desenvolverase os venres 15, 22 e 29 de novembro de 10 a 14 horas e de 15 a 19 horas.
O curso é gratuito pero conta con prazas limitadas polo que as persoas interesadas en asistir deberán inscribirse presentando a solicitude ben de xeito presencial no CFEA de Sergude -tendo como data límite o 14 de novembro antes das dúas da tarde- ou ben enviando o formulario de solicitude por email ao enderezo electrónico cfea.sergude@xunta.es ou por fax ao número 881867336.
Esta actividade forma parte do Plan de Formación do Agro Galego 2019 e conta con financiamento europeo.