Curso sobre o própole: recolección, procesado e usos

Curso sobre o própole: recolección, procesado e usos

Espátula con própole recén extraído

A Asociación Apícola Ourensá organiza para os vindeiros 19 e 20 de maio un curso sobre “Própole: Recolección, procesado, propiedades e usos”. As xornadas celebraranse na Casa Grande Otero Pedrayo, en Trasalba (Amoeiro – Ourense).

Programa:

SÁBADO 19 de maio 2018: Día Mundial da Abella

-9:30h. Características, usos e recolección do pole
Relator: José Manuel Estevez (Apicultor)

-11:30h. Própole: Recolección, procesado, propiedades e usos.
Relatores: Félix Adanero Jorge, doutor polla Universidad de León. Ldo. en Farmacia e Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, e Daniel Cangas Redero, Ldo. en Ciencia e Tecnoloxía de Alimentos.

16:30h. Obradoiro de Própole I.
Elaboración de tintura de própole, mel con própole, xabóns e cosmética con própole. Asistencia limitada a 25 persoas, por orde de inscrición. Entregarase mostra dos produtos elaborados

Custo (inclúe os produtos que se levan): Socios 30€ (se participaron noutra das nosas actividades. Socios 35€. e non socios: 50€. Entendese como socio ao membro de calquera asociación galega apícola.

DOMINGO 20 de maio

10:00h. Taller práctico de elaboración de fórmulas con própole II
Elaboración de 5 fórmulas maxistrais (orais e tópicas):
Fórmulas orais: xirope, gominolas, caramelos.
Fórmulas de cosmética apícola: pomada, xel dental, pos pédicos, champú.
Outros preparados: verniz para colmeas, preparado funxicida para a horta.
Entregarase mostras de todo, agás de xirope, gominolas o caramelos, que se probarán durante o final do obradoiro.

Custo (inclúe os produtos que se levan): 20€. Asistencia limitada a 25 persoas, por orde de inscrición. Preferencia asistentes as primeiras xornadas.
Pódese asistir a xornada do sábado pola mañá.

Informacion: wasap: 647 48 47 88 / correoelectrónico: apicolaourensa@gmail.com

Inscrición:   Asociación Apícola Ourensá.
Ingreso en Banco Sabadell Galego conta n.: ES50 0081 2192 7700 0117 4318

Cota socio da Asociación Apícola Ourensá:  20 € socios.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información