Curso sobre a importancia da paisaxe para o desenvolvemento rural

Curso sobre a importancia da paisaxe para o desenvolvemento rural

Allariz acollerá, do 11 ao 14 de xullo, o curso de verán Paisaxes en Produción que organiza a Universidade de Santiago de Compostela, o Concello de Allariz e a  Fundación Juana de Vega  coa colaboración das empresas Finsa e Aceites Abril.

O curso de verán dirixido a estudantes universitarios e alumnos de bacharelato e pequenos empresarios do rural, propón imaxinar estratexias de activación da economía local centradas na xestión dos recursos ambientais, a administración da dispoñibilidade das terras, a dinamización do patrimonio arqueolóxico, a reflexión sobre novas morfoloxías e a organización dos fluxos de auga e enerxía do medio.

As diferentes temáticas estarán relacionadas na percepción da paisaxe capaz de articular e por en valor os bens ecolóxicos, produtivos e culturais do lugar. No curso, fundamentalmente práctico, intervirán profesores de recoñecido prestixio así como tamén o arquitecto internacional David Chipperfield.

Información e inscricións ata o día 29 de xuño en www.allariz.gal/paisaxes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información