Curso sobre cultivo de shiitake

Publicidade
Curso sobre cultivo de shiitake

A Fundación Ramón González Ferreiro organiza durante este mes de setembro en Allariz un curso sobre cultivo de Shiitake.

Será o día 22 de setembro, sábado, en horario de 10:00 a 14:00 horas, cun custo de 40 euros. Un profesional explicará cales son os mellores sustratos, como cultivar shiitake en tronco e en sacos de cultivo, e unha parte práctica. Ademais, cada participante levará para a súa casa un saco de cultivo inoculado e esterilizado.

E o xoves, 13 de setembro, a Fundación Ramón González Ferreiro organiza un curso de elaboración de mermeladas e conservas. Será en horario de 17:30 a 21:00 horas e o prezo é de 27 euros por persoa.

Inscricións no 988436182 (horario de mañá) e en [email protected]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información